Benestar e igualdade

Novas

  • Abordaxe de conflitos desde a educación emocional

    Os centros escolares de Fene están a participar en obradoiros de abordaxe de conflitos desde a educación emocional . Obradoiros enmarcados no proxecto de prevención de conductas adictivas realizado conxuntamente cós concellos de Neda e Mugardos e subvencionados pola Consellería de Sanidade. O obxectivo deste programa é formar e sensibilizar ao alumnado e as familias na prevención e resolución de conflitos para resolvelos de xeito sa e respetuoso tomando como base a educación emocional.
     

  • Aberta a inscrición na sesión para familias no ciclo Acompañar no reto de educar

    A resolución de conflitos desde a educación emocional abordarase o vindeiro luns, 29 de abril, nunha nova sesión do programa de apoio ás familias e de prevención de condutas aditivas que organizan os Servizos Sociais de Fene a través da agrupación de concellos de Fene, Mugardos e Neda. A actividade, complementaria aos obradoiros que se se están a realizar nos centros de ensino,  desenvolverase no salón de actos da Casa da Cultura, de 18 a 20 horas, e vai dirixida a todos os públicos, Anpas, entidades sociais, familias e preadolescentes. Inscricións (até completar o aforo) no seguinte enlace.

  • Formación especializada en Alzheimer e Demencias

    A Casa da Cultura de Fene acollerá os días 7 e 9 de maio un curso sobre Formación especializada en Alzheimer e Demencias. 

Ver máis