O Concello de Fene en colaboración ca Asociación ASCM chama á solidaridade para combater a soidade
20-05-2022
Unha proposta que fomenta a participación e o traballo en rede entre os diferentes axentes sociais co fin de mellorar a calidade de vida das personas
A Concellería de Benestar Social e Igualdade do Concello de Fene ven de presentar, o programa de acompañamento telefónico “Fora Soidade”, que xurdíu en plena pandemia e que neste momento quere adaptarse as novas demandas xurdidas de acompañamento presencial denominado “Acompañando”.
Na Pandemia recibimos moitas demandas de persoas que vivían soas, de diferentes idades, e que demandaban un apoio para facer a compra, e outras tarefas máis; ao mesmo tempo falaban da súa soedade, do pouco tempo que tiñan os seus fillos e fillas para estar con eles, de que non querían molestar a ninguén. Esta soidade contida non tiña unha forma satisfactoria de expresarse, de poder ser atendida, e dende ahí si que certas persoas expresaron a súa necesidade de contacto, e poideron acceder a este acompamento telefónico e así minimizar a tremenda soedade que lles invadía. A día de hoxe estas persoas manteñen un vínculo moi estreito co persoal voluntario da Asociación ASCM e tanto o voluntariado como as persoas participantes disfrutan dunha sinerxia que enriquece a todos e todas.
Este novo programa de acompañamiento pretende fomentar o voluntariado entre a veciñanza do Concello de Fene que dispoñan de tempo para compartir cos demáis e sentirse útil axudando a outras persoas dende una perspectiva interxeneracional e inclusiva, de forma que tamén animase as persoas que vivan soas a facerse voluntarias.
Para formar parte do grupo de voluntariado poden contactar directamente ca ASCM, entidade que ten máis de vinte años de experiencia como Entidade de Acción Voluntaria, e que será a encargada de xestionar a estas persoas que decidan adicar unha parte do seu tempo a desenrrolar unha acción voluntaria, solidaria e altruista. O teléfono de contacto da entidade é o 604055703.
Todas aquelas persoas que se sintan soas e se queiran beneficiar deste programa, de forma totalmente gratuíta, poden chamar ao teléfono 981342607, de luns a venres en horario de 10:00 a 14:00 horas