Publicada a convocatoria de subvencións ás familias para a adquisición dos agasallos de Nadal

Publicada a convocatoria de subvencións ás familias para a adquisición dos agasallos de Nadal

Qué nenos e nenas teñen dereito a estos agasallos?

Os nenos e nenas que a 31 de decembro de 2025 teñan unha idade comprendida entre o 0 e o 16 anos, ou maiores desta idade cando teñan o recoñecemento oficial de discapacidade.

Qué cantidade poden recibir por neno ou nena?

Axudas de pago único de 125 € por menor.

Qué requisitos deben cumprir? 

Aquelas familias que cumpran os seguintes requisitos:

1.- Empadroamento no Concello de Fene e ter residencia efectiva no mesmo cunha antigüidade mínima de tres meses anteriores á data da solicitude.
2.- Que a renda das persoas convivintes cumpra os seguintes requisitos:
Unidade de convencia de 2 persoas non superar os 33.152,00€
Unidade convivencia de 3 ou máis membros non superar os 41.400,00€
3.- Que os aforros a 31/12/2024 non superen os 3.000 €.
4.-Que non haxa máis de dous coches na unidade familiar e, no caso de que a maiores dos coches se posúa unha moto, esta deberá ter unha cilindrada non superior a 800 centímetros cúbicos.

Cal é o prazo para poder solicitar?

Dende o 5 de novembro ata o 18 de novembro 2025, ambos os dous días incluídos.

Onde solicitar información e presentar a solicitude?

Centro municipal de Servizos Sociais. Avda. do Mar, Bl. 1. San Valentin.
Teléf.: 981342607 / 981492706

 

Descargas
Ligazóns