Convocatorias abertas no proceso de acreditación de competencias profesionais

Consellería de Economía, Emprego e Industria

Convocatorias abertas no proceso de acreditación de competencias profesionais

O servizo de Orientación Laboral do Concello de Fene, informa sobre as novas convocatorias abertas no proceso de acreditación de competencias profesionais adquiridas a través de experiencia laboral (DOG 27/12/2017).

A Xunta de Galicia a través da Consellería de Economía, Emprego e Industria abriu a convocatoria de recoñecemento das competencias profesionais adquiridas a través de experiencia laboral ou formación non formal, en determinadas unidades de competencia do Catálogo nacional de cualificacións profesionais.

Deste xeito convócanse prazas en unidades de competencias dirixidas a aqueles traballadores e traballadoras con experiencia laboral ou formación non formal nas seguintes cualificacións profesionais:

Atención sociosanitaria a persoas no domicilio, 553 prazas.
Atención sociosanitaria a persoas en institucións sociais, 435 prazas
Servizos para o control de pragas, 65 prazas
Xestión de servizos para o control de organismos nocivos, 50 prazas
Socorrismo en espazos acuáticos naturais, 224 prazas
Socorrismo en instalacións acuáticas, 278 prazas
Tanatopraxia, 150 prazas
Confección e mantemento de artes e aparellos, 50 prazas.
  
Prazo de inscrición: 28 de decembro de 2017 a 26 de xaneiro de 2018, ambos os dous días inclusive.
As persoas interesadas que precisen información ou orientación poden ao respecto poden contactar co servizo no teléfono 981 492 767 ou a través da caixa de correo: orientacion.laboral@fene.es

REQUISITOS : Nacionalidade española, residente comunitario ou familiar deste ou ser titular dunha autorización de residencia en España en vigor

Ter 20 anos cumpridos no momento de realizar a inscrición

Non estar matriculado nun curso de formación profesional inicial nin estar realizando curso de formación profesional para o emprego, conducente á acreditación das unidades de competencia que solicita.

Ter experiencia laboral e / ou formación non formal relacionada coas competencias profesionais que se queren acreditar.

Experiencia laboral: xustificar polo menos 3 anos, cun mínimo de 2000 horas traballadas en total nos últimos 10 anos.

Formación non formal: xustificar polo menos 300 horas nos últimos 10 anos.

Ligazóns
Noticias relacionadas