Despedida despois dunhas Vacacións en Paz

Despedida despois dunhas Vacacións en Paz

Dende o Concello, animan ás familias a acoller menores saharianos dentro do programa Vacacións en Paz

O alcalde, Juvetino José Trigo Rey, acompañado de integrantes da corporación municipal, persoal de SOGAPS e da familia acolledora, despediron á nena sahariana que pasou o verán cunha familia de Fene. Acollida grazas ao programa Vacacións en Paz que pon en marcha cada ano a entidade Solidariedade Galega co Pobo Saharaui.

Para quen non o coñeceza, Vacacións en Paz é un programa de colaboración cos campos de refuxiados do Sahara que permite que as/os nenas/os que viven nestes lugares poidan disfrutar dun verano diferente, onde se beneficien dos recursos da nosa sociedade e participen doutras costumes así como xeitos de vida diferentes. Ao igual que tamén nos aprendemos coas súas tradicións e valores sendo este un xeito de fomentar a tolerancia e solidaridade entre pobos e culturas.

Con estas estancias o que se trata é de mellorar a asistencia médica, o aprendizaxe de linguas, coñecer outras alternativas de ocio e tempo libre, e tamén evitar que nenos e nenas permanezan no verán en campamentos onde se superan temperaturas que rondan os 50º.

Fene ven participando nesta iniciativa solidaria dende os seus inicios no ano 1991, ofrecendo ás familias saharauis a posibilidade de que as súas fillas e fillos gocen dunha estancia agradábel, humana e culturalmente rica, baixo a supervisión e coidados de familias fenesas acolledoras.

Para calquera información dirixirse a:

CENTRO MUNICIPAL DE SERVIZOS SOCIAIS

Avda.do Mar, Bloque 1, Baixo - San Valentín

Teléfonos: 981.492.706 / 981 342607

Caixa electrónica: servizos.sociais@fene.gal