O Servizo de Nutrición do Centro de Saúde de Fene inicia este venres a súa Escola de Hábitos Saudables

O Servizo de Nutrición do Centro de Saúde de Fene inicia este venres a súa Escola de Hábitos Saudables

A primeira charla será sobre etiquetado, compra saudable e seguridade alimentaria

A Casa da Cultura de Fene acollerá este venres, ás 12.30 horas, a primeira charla da “Escola de Hábitos Saudables” que organizan o Centro de Saúde de Fene e as Unidades de Apoio Nutricional de Atención Primaria en Ferrol, coa colaboración do Concello de Fene. Nesta conferencia inaugural, a dietista-nutricionista do Centro de Saúde de Fene Iria González falará sobre “Etiquetado nutricional, compra saudable e seguridade alimentaria”. A entrada ao acto será libre e de balde até completar o aforo.

Realizar unha compra axeitada é a base para seguir una alimentación saudable. Nesta primeira charla do ciclo ensinarase a realizar unha compra saudable, aprendendo a leer o etiquetado nutricional, partindo da teoría pero aplicando tamén a práctica do día a día. Ademais daranse pautas para configurar un menú saudable cando se dispón de pouco tempo para cociñar, o que se coñece como "Batchcooking". Por último, ofreceranse unhas breves nocións de seguridade alimentaria no fogar, para unha adecuada manipulación e conservación dos alimentos no domicilio.

Iria González é dietista-nutricionista no Centro de Saúde de Fene. Realizou o grao en Nutrición Humana e Dietética e un Máster Universitario en Condicións Xenéticas, Nutricionais e Ambientais no Crecemento e Desenvolvemento. Desde 2019 traballa como dietista-nutricionista no ámbito clínico privado. E en decembro de 2022 incorpórase ao SERGAS (CS Fene), como dietista-nutricionista, con funcións tanto na asistencia clínica como na comunitaria.