Revolution Xuventude

Revolution Xuventude

O Centro Municipal de Servizos Sociais do concello de Fene, xunto coa agrupación de concellos de Mugardos e Neda, están a poñer en marcha estes días o proxecto “REVOLUTION XUVENTUDE”, subvencionado pola Consellería de Sanidade.


A quen vai dirixido?
O programa vai dirixido a rapazada de entre 15 e 21 anos.


Cando?
O venres día 19/4/2024 en horario de 18:00 a 20:00h na Casa da cultura de Fene onde se realizará unha xornada de presentación.

En que consiste o programa?
O proxecto busca crear espazos e tempos nos que a rapazada poida realizar actividades que lles axuden a coñecer as súas potencialidades, explorar temas que lles interesen ou lles sexan de utilidade para o seu futuro, ou incluso realizar accións que podan facer cambios no seu entorno.


A idea é que os propios mozos e mozas podan practicar a autoxestión e tomar decisións acerca das temáticas que lles gustaría abordar, e os formatos e metodoloxías para facelo.

Para dar a coñecer esta iniciativa leváronse a cabo sesións nas aulas de 4º de ESO dos centros dos concellos participantes, recolléndose máis dunha veintena de solicitudes. Quedan algunhas prazas dispoñibles.

Donde inscribirse?
As persoas interesadas poderanse anotar chamando aos seguintes teléfonos: 659.553.938 e 981.492.706 ou acudindo a casa a cultura o mesmo día da xuntanza.


Para calquera información dirixirse ao centro municipal de Servizos Sociais do concello de
Fene a través da Caixa electrónica servizos.sociais@fene.gal


CENTRO MUNICIPAL DE SERVIZOS SOCIAIS
Avda.do Mar, Bloque 1, Baixo - San Valentín.Teléfonos: 981.492.706 / 981 342607