20-05-2022

O Concello de Fene en colaboración ca Asociación ASCM chama á solidaridade para combater a soidade

A Concellería de Benestar Social e Igualdade do Concello de Fene ven de presentar, o programa de acompañamento telefónico “Fora Soidade”, que xurdíu en plena pandemia e que neste momento quere adaptarse as novas demandas xurdidas de acompañamento presencial denominado “Acompañando”.

Este novo programa de acompañamiento pretende fomentar o voluntariado entre a veciñanza do Concello de Fene que dispoñan de tempo para compartir cos demáis e sentirse útil axudando a outras persoas dende una perspectiva interxeneracional e inclusiva, de forma que tamén animase as persoas que vivan soas a facerse voluntarias.
13-05-2022

O papel da familia na prevención de condutas adictivas

O centro Municipal de Servizos Sociais do Concello de Fene acollerá o vindeiro 25 de maio e 1 de xuño sesións informativas sobre o papel da da familia na prevención de condutas adictivas.

Actuación encamiñada a mellorar a información sobre as adiccións, de maneira precisa e axeitada debido a baixa percepción do risco que existe na cidadanía sobre o consumo de substancias e comportamentos aditivos, de aí que adquira sentido informar para axudar a entender as características xerais do fenómeno que nos ocupa, as súas implicacións na sociedade e a desterrar prexuízos, así como a establecer un maior coñecemento nesta materia.
11-05-2022

O servizo "Coidados porta a porta" ofrecerá a finais de mes revisións gratuítas de podoloxía, audición e memoria

A Consellaría de Política Social ten en marcha desde o pasado mes de marzo o programa de Coidados porta a porta, consistente no despregamento polo rural galego de 8 unidades móbiles preparadas para ofrecer consultas básicas en podoloxía, audioloxía e estimulación da memoria. Dentro do seu calendario, unha destas unidades -que son algo así como unha pequena clínica sobre rodas- estará no paseo de San Valentín os días 25, 26, 27 e 30 de maio atendendo totalmente de balde entre as 9:00h e as 20:00h. Todas aquelas persoas  de 55 anos en diante que queiran acudir ás revisións dos pés, o oído e a memoria, poden solicitar cita previa nos teléfonos 622 748 283 - 623 546 992 ou no correo electrónico coidadosportaaporta.politicasocial@xunta.gal
02-05-2022

Vacacións en paz 2022

O concello de Fene dende a Área de Benestar Social e Igualdade, leva a cabo o proxecto VACACIÓNS EN PAZ, ca Asociación Solidaridade co Pobo Saharaui. O Concello de Fene colabora neste proxecto sufragando os gastos derivados das viaxes dos nenos e nenas que sexan acollidos por familias deste Concello.

Este programa trata de ser un marco de solidariadade e axuda desinteresada aos nenos e nenas saharauis e para proporcionarlles unha estancia agradable e humanamente rica en Fene, sumando a colaboración das familias que queiran facer esta acollida.

A vida destes nenos e nenas, nados no exilio, transcorre nas mesmas circunstancias como o resto da poboación saharaui, privada do máis elemental, e sobrevive dificilmente grazas á axuda internacional.
Dende o punto de vista afectivo, España representa algo especial para as persoas saharauis polos lazos históricos, culturais e humanos. De feito, as persoas saharauis pertencen á comunidade de hispano-falantes e aínda conservan con esmero o español como segundo idioma.
27-04-2022

Remata o prazo de inscrición para o curso de “Mediadores/as sociais en prevención”

No marco do proxecto de prevención de condutas aditivas, o Concello de Fene e a agrupación de Concellos de Mugardos e Neda organizan un curso de “Mediadores/as sociais en prevención”, subvencionado pola Consellería de Sanidade. Terá lugar na Casa da Cultura de Fene entre os meses de maio e xuño (os luns 2, 9, 23 e 30 de maio, e 6, 13 e 20 de xuño), en horario de 18.00 a 20.00 horas. As sesións serán impartidas por persoal técnico de ASFEDRO e as prazas (ata un máximo de 15) cubriranse por rigorosa orde de inscrición. Para asistir cómpre entregar o boletín de inscrición no Centro Municipal de Servizos Sociais ou envialo por correo electrónico a servizos.sociais@fene.gal. O prazo finaliza mañá xoves 28 de abril.
20-04-2022

Abre o prazo de inscrición para o curso de “Mediadores/as sociais en prevención”

No marco do proxecto de prevención de condutas aditivas, o Concello de Fene e a agrupación de Concellos de Mugardos e Neda organizan un curso de “Mediadores/as sociais en prevención”, subvencionado pola Consellería de Sanidade. Terá lugar na Casa da Cultura de Fene entre os meses de maio e xuño (os luns 2, 9, 23 e 30 de maio, e 6, 13 e 20 de xuño), en horario de 18.00 a 20.00 horas. As sesións serán impartidas por persoal técnico de ASFEDRO e as prazas (ata un máximo de 15) cubriranse por rigorosa orde de inscrición. Para asistir cómpre entregar o boletín de inscrición no Centro Municipal de Servizos Sociais ou envialo por correo electrónico a servizos.sociais@fene.gal. O prazo finaliza o vindeiro 28 de abril.
13-04-2022

Nova edición do espazo de encontro entre mulleres, INDIRA

A Concellería de Benestar Social e Igualdade, a través do Servizo Municipal de Atención á Muller, pon en marcha o vindeiro 21 de abril o Proxecto Indira V, espazo de encontro entre mulleres. Dita actividade vai dirixida a mulleres que queiran mellorar a súa autoestima, coñecerse, respectarse, crecer persoalmente, potenciar o seu autocoidado a nivel emocional e psicolóxico e, sobre todo, empoderarse.
 
08-04-2022

O Concello de Fene reafirma o seu compromiso co Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade no seu 25º aniversario

Os proxectos de cooperación internacional, a “localización” da Axenda 2030 e a loita contra o cambio climático centran o Plan de Actividades 2022 do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade, que conmemora este ano o seu 25º aniversario. Representantes das deputacións e concellos socios, entre eles o de Fene, aprobaron por unanimidade todos os puntos da orde do día na Asemblea Xeral celebrada este xoves na Cidade da Cultura, en Santiago de Compostela, coincidindo co Día Mundial da Saúde.
06-04-2022

O programa Coidados porta a porta chegará a Fene no mes de maio

A Concellería de Servizos Sociais de Fene anuncia que o programa de Coidados porta a porta da Xunta de Galicia recalará en Fene (Paseo de San Valentín) os días 25, 26, 27 e 30 de maio para ofrecer consultas de audioloxía, podoloxía e estimulación da memoria á veciñanza. Destes servizos poderán beneficiarse gratuitamente todas as persoas maiores de 55 anos, con cita previa. A reserva de praza pode realizarse no teléfono 622 748 283 ou no correo electrónico coidadosportaaporta.politicasocial@xunta.gal.
05-04-2022

Non pasa nada, pasa algo?

Mellorar a información sobre as adiccións, de maneira precisa e axeitada, debido a baixa percepción do risco que existe na cidadanía sobre o consumo de substancias e comportamentos aditivos. É o principal obxectivo do programa "Non pasa nada, pasa algo?" que botou a andar este martes no CPI A Xunqueira de San Valentín, organizado pola Concellería de Benestar Social e Igualdade do Concello de Fene, coa colaboración dos Concellos de Neda e Mugardos (cos que está a desenvolver un proxecto de prevención de condutas aditivas, financiado pola Consellería de Sanidade). Logo desta primeira xornada, entre os meses de abril e maio realizaranse diversas charlas, tanto no CPI A Xunqueira, coma no IES Fene e no CPR Jorge Juan. Cada centro elexiu os cursos destinatarios cos que se desenvolverán un total de tres sesións por grupo, ata chegar ás 12 horas por centro.