Deporte

Novas

  • Cincocentos judocas de toda Galicia participarán esta fin de semana en Fene na quinta xornada da Liga Galicia Rías Altas

    O pavillón da Xunqueira (San Valentín) acollerá este sábado a quinta e última xornada da Liga Galicia Rías Altas de judo, coa participación duns cincocentos judocas de categorías desde benxamín a absoluta.
    A competición comezará pola categoría senior, a única que se fai por equipos, disputándose o playoff polo título e o playoff do sexto ao décimo primeiro posto. Nas demais categorías a competición será individual, por pesos e xénero. Para a categoría cadete, a competición comezará ás 11.45 horas, seguida da infantil ás 13.45 horas, a alevín ás 15.45 horas e a benxamín, que será a última en competir, a partir das 17.30 horas.

  • O Atletismo Divertido reunirá esta semana nas pistas do Pazo de Barallobre a seiscentos escolares de Fene

    A Concellería de Deportes de Fene ultima os preparativos dunha nova edición das xornadas de “Atletismo divertido – Xogando co atletismo” nas que participará durante a xornada do mércores 9 de abril o alumnado de 4º, 5º e 6º de Primaria, e o xoves 10 de abril, o alumnado de 1º, 2º e 3º de EP dos centros de ensino de Fene. O obxectivo destas xornadas, que teñen unha base lúdica e deportiva, é que a rapazada coñeza as diferentes modalidades deste deporte e realice actividade física de xeito divertido e non competitivo. Por iso, non se tomarán anotacións das marcas ou tempos realizados e as nenas e nenos irán participando de xeito simultáneo nas diferentes probas.

  • Fin de semana de hip hop e baile deportivo en Fene

    O pavillón da Xunqueira de San Valentín acollerá esta fin de semana o Hip Hop Galician Dance Tour e o XII Trofeo de Baile Deportivo Concello de Fene, dous eventos que reunirán en Fene nas xornadas do sábado 22 e domingo 23 de marzo a máis de mil deportistas.
    O Hip Hop Galician Dance Tour – Liga Galega Xunta de Galicia de Hip Hop celebrarase o sábado, en xornada de tarde, de 14.00 a 21.00 horas, e o custe das entradas será de 10 € (agás para os/as menores de 12 anos que será de balde). En canto ao XII Trofeo de Baile Deportivo Concello de Fene, o horario da competición será o domingo, de 11.00 a 20.00 horas, e o custe das entradas será de 9 € (agás para os/as menores de 12 anos que non terán que pagar).

Ver máis