Novas

05-06-2017

Inscricións para o verán máis alá

O mércores desta semana, 7 de xuño, abre o prazo para apuntar aos nenos/as ao Verán Máis Alá de Fene, programa de conciliación da vida laboral familiar  que vai dirixido ao alumnado escolarizado en Educación Infantil e Primaria (idades de referencia, de 3 a 12 anos). Como en anos anteriores, o Concello dará prioridade á hora de inscribirse aos  pequenos/as empadroados en Fene.
05-06-2017

Contacontos para bebés na biblioteca municipal de Fene

A  sala infantil da biblioteca Xosemaría Pérez Parallé acolle este martes o espectáculo de contos, luz e sombras “A lúa na xanela”, de Sherezade Bardají. A función comezará ás 18.00 horas e vai dirixida a nenos/as de 0 a 3 anos.
Segundo informan dende a biblioteca municipal, para asistir a esta actividade é precisa inscrición previa e, a día de hoxe, as prazas -20 bebés que poderán ir acompañados como máximo dun adulto- xa están esgotadas.

En “A lúa na xanela”, Xiana ten un segredo. Dentro dos seus paraugas “agóchase o sol, a lúa e un monstro que come tomates. Dentro da súa maleta agóchase un peixe, unha estrela e un monstro que fai cóxegas. Ti tes algún segredo na túa mochila?”
02-06-2017

Exposición as bestas da redención. Os doce traballos de Hércules na Casa do Concello

O Salón de Plenos da Casa do Concello acolle dende este venres, 2 de xuño, a exposición “As Bestas da Redención. Os doce traballos de Hércules”.
31-05-2017

Roger de Flor e Amparo Arias no Ciclo Sons Diversos

O programa Sons Diversos, que organiza a Concellería de Cultura, trae esta semana a Fene ao dúo de pop-folk galego formado polos feneses Amparo Arias e Roger de Flor. O concerto será este venres, 2 de xuño, ás 20 horas, no salón de actos da Casa da Cultura (Avda. de Conces, 20-22). A entrada será de balde e libre até completar o aforo (120 localidades).
24-05-2017

O mércores 7 xuño abre o prazo para apuntarse ao "Verán máis alá"

Baixo o lema “Ímonos de viaxe!” volve un ano máis o programa de conciliación da vida laboral familiar “Verán máis alá”, dirixido ao alumnado escolarizado en educación infantil e primaria nado entre os anos 2005 e 2013 (idades de referencia, de 3 a 12 anos).
24-05-2017

Las Lollipops rememoran este venres en Fene a época dourada do swing

O cuarteto de swing, boogie-woogie e dixieland Las Lollipops protagoniza este venres a segunda función do ciclo “Sons Diversos” que organiza a Concellería de Cultura de Fene no marco do programa “Cultura no Camiño”.
18-05-2017

Pequenas crianzas coa arte

Xa se pode visitar na Casa da Cultura de Fene a exposición “Pequenas crianzas coa arte”, mostra de pinturas e esculturas realizadas polos alumnos/as da Escola Infantil “A galiña azul” de Fene.
15-05-2017

Fene suscribe o convenio da Rede Cultural da Deputación da Coruña

O importe das actuacións programadas achégase aos 20.000 euros, sufragados a partes iguais polo Concello e o ente provincial.
15-05-2017

A Casa da Cultura de Fene énchese a partir deste venres de "Sons Diversos"

A diversidade de estilos e de propostas musicais é a principal característica que define o ciclo “Sons diversos” que a Concellería de Cultura de Fene organiza para as vindeiras semanas.
12-05-2017

O 30 de maio remata o prazo de presentación para Os Premios Curuxa do Humor

Os debuxantes interesados en presentarse a esta nova edición dos Premios Curuxas, poderán presentar ou enviar as súas obras antes das 23.59 horas do vindeiro 30 de maio de 2017 ao Rexistro Xeral do Concello de Fene (Praza do alcalde Ramón Souto González, s/n, 15.500 Fene, A Coruña). As obras, de temática libre, deberán ser de creación propia e inéditas. Presentaranse en formato papel e cunha dimensión máxima de 29.7x42 cm (A3), mesmo no caso de traballos realizados dixitalmente. Non se admitirán fotocopias nin gravados.