Novas

03-04-2018

O Concello renova o tatami do ximnasio da Casa da Cultura

Na instalación deste novo equipamento investíronse algo máis de 5.000 euros. Porén esta non será a única actuación que se levará a cabo no ximnasio municipal da Casa da Cultura, xa que o Concello ten previsto cambiar en breve o portalón de acceso ás instalacións, utilizadas tamén como sede polo Club BTT Fene.
16-03-2018

Volve o Atletismo Divertido

Máis de 600 alumnos de primaria de Fene participarán entre os días 22 e 23 de marzo nas xornadas de atletismo divertido escolar organizado polo Concello de Fene.
28-02-2018

A selección galega chama a porta do Clube Atletismo Fene

A Federación Galega de Atletismo ven de publicar os nomes dos atletas que defenderán a selección galega no Campionato de España de campo a través o próximo 11 de marzo en Mérida. 
05-02-2018

Prata para Fene

A xornada do club atletismo Fene completouse nesta fin de semana coas excelentes actuacións de Juan Rejas e o equipo composto por Brais Canosa, Javi Prieto, Alexandre García e Fer Garea.
30-01-2018

Participación do club atletismo Fene no Campionato Galego de Cross

O 28 de xaneiro de 2018, no circuíto de O Aguillón na  Rúa, déronse cita os mellores clubes de Galicia no Campionato de Cross Curto por equipos. Entre eles estaba o Clube Atletismo Fene, representado por sete atletas.
26-01-2018

VI Trofeo de baile deportivo "Concello de Fene"

122 parellas tomarán parte este domingo 28 de xaneiro no VI Trofeo de baile deportivo “Concello de Fene” que se celebrará a partir das 11:00 no pavillón polideportivo A Xunqueira de San Valentín.
10-01-2018

Campaña esquí 2018

Os nenos e nenas de Fene que queiran participar na campaña de esquí organizada pola Deputación Provincial poderán solicitar a preinscrición até o día 16 de xaneiro no Departamento de Deportes do Concello de Fene.
03-01-2018

A camisola verde do Atletismo Fene, máis presente que nunca nas probas de fin de ano

Como colofón ao ano atlético, celebráronse na comarca de Ferrolterra tres carreiras de fin de ano, que serviron ao clube Atletismo Fene para escenificar o seu crecemento, tanto en cantidade como en calidade humana e deportiva dos nosos atletas.
02-01-2018

Oito nenos e nenas de Fene participarán na Campaña de esquí 2018 da Deputación da Coruña

A área de Deportes da Deputación da Coruña organiza, entre o 2 de febreiro e o 12 de marzo, diversas viaxes á estación invernal de Cabeza de Manzaneda (Ourense) para fomentar a práctica do esquí entre os nenos e nenas dos municipios coruñeses nados entre os anos 2003 e 2007.
22-12-2017

O Gran Circo Artístico

Ao redor dun cento de ximnastas tomarán hoxe  venres, 22 de decembro, nun novo Festival de Nadal do Club Ximnasia Artística Ferrolterra. O evento comezará ás 19.00 horas nas instalacións do pavillón do Ramo (Barallobre). Entrada libre.