Novas

31-08-2017

O 1 de setembro a piscina municipal e o Pavillón Municipal A Xunqueira abren as súas portas

O departamento de Deportes ven de publicar os horarios de apertura da piscina municipal de Centeiras e do Pavillón Municipal A Xunqueira do 1 ao 30 de setembro.
31-07-2017

Ximnasia de Verán

 O mércores 2 de agosto dará comezo no Paseo Marítimo de San Valentín a actividade ximnasia de verán.
18-07-2017

Tenis, Kayak e Fútbol Sala Femenino no verán deportivo do Concello de Fene

Éxito de participación con tódalas prazas cubertas na programación deportiva do verán.
12-07-2017

Prazas libres nas escolas deportivas municipais para matriculación en setembro. Curso 17/18

Rematado o prazo de reserva a concellería de Deportes fai pública a lista co número de prazas libres nas escolas deportivas para o curso 2017/2018 na piscina municipal de Centieiras e No pavillón municpial A Xunqueira
28-06-2017

Deporte en familia na XXV edición do Día do Deporte na Rúa

A Concellería de Deportes de Fene anuncia para este domingo, 2 de xullo, a XXV edición do Día do Deporte na Rúa.
20-06-2017

Éxito de participación nas festas de fin de curso das escolas deportiva

O pavillón da Xunqueira e a piscina municipal de Centieiras acolleron a pasada fin de semana a exhibición das escolas deportivas e a festa acuática das escolas da piscina municipal.
16-06-2017

Exhibición e festa acuática na despedida das actividades deportivas municipais

O venres 16 e o sábado 17 de xuño, a Concellería de Deporte despide as escolas deportivas municipais.
15-06-2017

O vindeiro luns abre o prazo de inscrición nas actividades deportivas de verán

As persoas que queiran anotarse nos campus deportivos e cursiños de verán municipais poderán facelo a partir do vindeiro luns, 19 de xuño, no Departamento de Cultura e Deportes do Concello de Fene. Horario: de 8.30 a 14.00 horas.
15-06-2017

9ª andaina conmemorativa do Programa de Educación Física Contra a Fatiga Oncolóxica.

Fene acolle este domingo a 9ª andaina conmemorativa do Programa de Educación Física Contra a Fatiga Oncolóxica.
13-06-2017

Apertura de prazo de Reserva de prazas para as escolas da piscina e do Pavillón A Xunqueira de Fene

Os veciños e veciñas de Fene, matriculados no mes de xuño, poderán reservar a súa praza dende o xoves 15 ao mércores 28 de xuño (ambos  inclusive).