Novas

25-03-2015 -

O Concello pon a disposición do gremio de taxistas unha nova caseta fronte á praza Verde

O alcalde de Fene, Gumersindo Galego, explica que se trata dunha infraestructura de maiores dimensións e cun deseño máis acorde ao entorno
25-03-2015 -

O escritor Ramón Loureiro elixe Fene para presentar o seu último libro, "Diarios"

O alcalde, Gumersindo Galego, acompañará ao Fenés do Ano no acto, que se celebrará este venres no CMI de Fene a partires das oito e media do serán. O acto literario, aberto á veciñanza, contará coa actuación musical da agrupación Airiños de Fene e co espectáculo de maxia do Mago Antón
24-03-2015 -

Concello e Fenosa executan traballos de desbroce e limpeza nas marxes do río Cádavo

Acondicionouse o treito entre o camiño Río de Saa e o parque baixo a autoestrada
23-03-2015 -

Os nenos e as nenas que participan no obradoiro de radio na Biblioteca entrevistan ao alcalde

Esta semana concluirán a actividade gravando o seu propio programa. O Concello conmemora con esta acción a Semana da Prensa
23-03-2015 -

O Concello anima aos maiores a compartir as súas experiencias sobre cine e salas de festas no programa "Construíndo pontes"

A edil de Servizos Sociais, Juana Barro, anímaos a participar nas sesións que se celebrarán este luns e o 13 de abril no Centro de Servizos Sociais.
23-03-2015 -

Fene será escenario o próximo día 27 dun encontro con Ramón Loureiro no epicentro do seu universo vital e literario

O escritor presentará o seu novo libro, “Diarios”, no CMI de Fene, o venres 27 de marzo ás 20,30 h
19-03-2015 -

O alcalde subscribe un convenio coa directora do CPI A Xunqueira para financiar a viaxe dos escolares ao certame Lego en Tenerife

Gumersindo Galego explica que o Concello fará posible o desprazamento de estudantes e profesores mediante unha achega de 4.500 euros
18-03-2015 -

O Concello amplía ata o día 31 o prazo para participar no programa "Running para Tod@s"

A través do mesmo, a Concellería de Deportes ofrece adestramentos personalizados, rutas en grupo ou asesoramento sanitario.
As persoas interesadas en inscribirse poden facelo no pavillón de San Valentín
18-03-2015 -

Fene acolle sábado a primeira "Sesión maxistral con… Diego Ríos", adestrador do Parrulo FS

A iniciativa, con entrada libre, está organizada polo club de fútbol sala Ártabras Fene en colaboración co Concello e terá lugar no pavillón de San Valentín
17-03-2015 -

O Concello organiza este domingo a Ruta das Lavandeiras en Fene

O alcalde, Gumersindo Galego, invita á veciñanza a participar no percorrido polos principais lavadoiros do termo municipal e posterior comida.O concelleiro de Promoción Económica, Juan José Franco, explica que o luns celebraráse a conferencia “Sillobre, terra de auga” no local da entidade veciñal