Pola cara (2014)

Museo do Humor   Exposicións   Pola cara (2014)

Exposición de caricaturas producida polo Museo do Humor de Fene no marco da conmemoración do seu XXX aniversario. Nesta mostra amosouse unha importante colección de caricaturas doadas para a ocasión por máis de medio cento de debuxantes e caricaturistas galegos, españois e internacionais: Abraham Carreiro, Ulisses Araujo, David Lara, Jorge Inacio, Carlos Sardiña, Christian Jacob, Raúl Iglesias, Moisés Ramírez, Gogue, David Pintor, José Luis Castro Lombilla, Baptistao, Polo, Walter Toscano, Xavi, Sebastian Cast, Armando Gámez Padrón, Álex Gallego, Jarbas Domingos, José Julio, etc. 

A exposición amosouse na sala de exposicións temporais da Casa da Cultura-Museo do Humor de Fene dende o 24 de novembro ao 31 de decembro de 2014, iniciando despois a súa itinerancia por cantos concellos, entidades sociais e colexios a solicitaron.

Ligazóns