Actividades

Museo do Humor   Actividades

Visitas guiadas

Existe a posibilidade de realizar visitas guiadas ao Museo do Humor de Fene para grupos escolares, asociacións ou colectivos. Estas visitas poderán complementarse con algunha proxección audiovisual e/ou taller. 

Ciclos de monólogos

Dende o ano 2014, a concellería de Cultura do Concello de Fene organiza anualmente dous ciclos de monólogos no Museo do Humor. Actividade organizada pola Concellería de Cultura do Concello de Fene coa colaboración da Agadic-Xunta de Galicia (Cultura no Camiño) e a Deputación Provincial da Coruña (Rede Cultural).

Escolas e obradoiros

No marco da súa programación de escolas e obradoiros culturais municipais, o Concello de Fene organiza dende o ano 2014 o obradoiro "Licenza para rir", dirixido a persoas maiores de 16 anos.