No marco da súa programación de escolas e obradoiros culturais municipais, o Concello de Fene organiza dende o ano 2014 o obradoiro "Licenza para rir", dirixido a persoas maiores de 16 anos.
Os obxectivos desta actividade son:
- Coñecer e valorar as potencialidades terapéuticas e curativas da risa.
- Fomentar a creatividade individual e grupal desde o lúdico.
- Utilizar a risa como ferramenta favorecedora da comunicación e estímulo da creatividade.
- Axudar ao corpo e á mente a afrontar positivamente calquera situación de estrés, empregando a risa como ferramenta terapéutica.
Cada sesión do obradoiro divídese en:
- Preparación para a actividade. Cómo veño hoxe?
- Dinámicas grupais como preparación do corpo e da mente para a risa.
- Exercizos de ioga da risa, de risoterapia e/ou meditación da risa.
- Peche. Cómo saio hoxe?
O obradoiro "Licenza para rir" desenvólvese nas instalacións no Museo do Humor de Fene en sesións semanais de unha hora e media de duración.