Ciclos de monólogos

Museo do Humor   Actividades   Ciclos de monólogos

Dende o ano 2014, a concellería de Cultura do Concello de Fene organiza anualmente dous ciclos de monólogos no Museo do Humor. O primeiro desenvólvese entre os meses de abril e maio e xira en torno á conmemoración do Día dos Museos (18 de maio). O segundo, coñecido xa coma o "Novembro, mes do humor", prográmase cara finais de ano, coincidindo coa conmemoración do aniversario do Museo do Humor. Este segundo ciclo adoita complementarse coa entrega dos Premios Curuxa, o concurso de humor gráfico que organiza o Museo do Humor de Fene, e coa inauguración e apertura da exposición dos debuxos presentados ao certame nesa convocatoria.

Carlos Blanco, Manuel Manquiña, Xosé Touriñán, Isi, Quico Cadaval, Aldaolado, Luís Zahera, Xan de Arzúa, Isabel Risco, Pepo Suevos, Pedro Brandariz, Paula Carballeira, Cándido Pazó… Son algúns dos actores, actrices, monologuistas ou contacontos que pasaron nestes anos polo Museo do Humor de Fene como convidados aos seus ciclos de monólogos.
 
Actividade organizada pola Concellería de Cultura do Concello de Fene coa colaboración da Agadic-Xunta de Galicia (Cultura no Camiño) e a Deputación Provincial da Coruña (Rede Cultural).