Exposición dos traballos presentados aos Premios Curuxa, concurso de humor gráfico convocado polo Museo do Humor de Fene, na súa edición de 2020. A exposición consta de 67 debuxos. Salientan as obras dos artistas galardoados este ano: “Se nos quema”, de Sebastiá Martí Benedí (1º premio na categoría Curuxa), “S/t”, de Robert John Holt Schmelzer (2º premio na categoría Curuxa), “Respira”, de Hugo Feal Permuy (1º premio na categoría Curuxa Nova) e “Ciclo”, de Luciano Ripio Molina (2º premio na categoría Curuxa Nova). Tamén se amosan os debuxos finalistas do certame, "Infrinxindo as normas", de Manuel Arriaga de León, e “Vacacións Mundiais Z”, asinado por Lucas Sixto Carballeira.