Demo Pequeno 2025

Museo do Humor   Exposicións   Demo Pequeno 2025

Cento quince obras compoñen a exposición do III Concurso de Bd de Humor Demo Pequeno, convocado polo Museo do Humor Xaquín Marín e Demo Editorial. Esta mostra virtual recolle a totalidade dos traballos presentados ao certame que nesta edición convidou aos rapaces, entre 8 e 16 anos, a debuxar unha historia curta de banda deseñada ou tira cómica, con temática centrada nas BIBLIOTECAS como espazos fundamentais para a educación, a cultura, a inclusión, a información… nos que, ás veces, acontecen escenas hilarantes, que provocan risa... Os/as gañadores/as do certame foron: Zoe Pérez Fernández (1º premio categoría Infantil), Emma González González (2º premio categoría Infantil), Nuno Tizón Couñago (1º premio categoría Xuvenil), e Pedro Jove García (2º premio categoría Xuvenil). Ademais resultaron finalistas da categoría Infantil: Roi Cabrera Cancelo e Elio Pérez Pujades. E na categoría Xuvenil: Mario Martínez Lago e Xián Rodríguez Domínguez.