Premios Curuxa 2025

Museo do Humor   Exposicións   Premios Curuxa 2025

Exposición dos traballos presentados aos Premios Curuxa, concurso de humor gráfico convocado polo Museo do Humor Xaquín Marín, na súa edición de 2025. A exposición consta de 92 debuxos. Salientan as obras dos artistas galardoados este ano: David Vela Cervera, primeiro premio Curuxa (categoría para maiores de 25 anos); Pablo Prado Fernández, segundo premio Curuxa; Andrés Chinchilla Argibay, primeiro premio Curuxa Nova (categoría de 16 a 25 anos); e David García Vivancos, 1º premio na categoría Caricatura (para maiores de 16 anos). Ademais, acadaron mención de honra: Nuria Hernández Pintor, "Nuria Hache", por "Conciliación" (Curuxa); Lucía Rodríguez Cid, por "Máster en independencia" (Curuxa Nova); Asier Sanz Nieto, por "David Broncano" e Iván Mata Tamayo, por "Amy" (Caricatura).