Demo Pequeno 2026

Museo do Humor   Exposicións   Demo Pequeno 2026

Cento sete obras compoñen a exposición do IV Concurso de Bd de Humor Demo Pequeno, convocado polo Museo do Humor Xaquín Marín e Demo Editorial. Esta mostra virtual recolle a totalidade dos traballos presentados ao certame que nesta edición convidou aos rapaces, entre 8 e 16 anos, a debuxar unha historia curta de banda deseñada ou tira cómica, con temática centrada no CAMBIO CLIMÁTICO. Os/as gañadores/as do certame foron: Inés Bravo Rodríguez (1º premio categoría Infantil), Emma Rodríguez Grueiro (2º premio categoría Infantil), Diego Noguerol Feijoo (1º premio categoría Xuvenil), e Carlota Arias Busto (2º premio categoría Xuvenil). Ademais recibiron mención de honra na categoría Xuvenil: Paula Pérez Díaz e Valeria Rodríguez García.