Ibáñez. El mago del humor (2015-2016)
Museo do Humor Exposicións   Ibáñez. El mago del humor (2015-2016)Francisco Ibáñez (Barcelona, 1936) é o creador, debuxante e guionista dos personaxes máis populares do tebeo español. Cunha traxectoria alimentada por máis de cincuenta anos de traballo, é o pai de Mortadelo e Filemón, El Botones Sacarino ou Pepe Gotera y Otilio.
A exposición Francisco Ibáñez, el mago del humor, que se puido ver no Museo do Humor de Fene durante os meses de decembro de 2015 e xaneiro de 2016, efectuaba unha aproximación á biografía do ilustre debuxante e á xénese das súas principais obras e personaxes.
A mostra, ideada por Tucutucu Producciones Culturales, reuniu máis de cen revistas publicadas dende os anos cincuenta ata a actualidade, unha ampla compilación de artigos de merchandaising e unha serie de debuxos orixinais de Francisco Ibáñez. A mostra repasaba, así mesmo, o vencello do debuxante catalán coas editoriais nas que desenvolveu o seu traballo, o devir da súa técnica e estilo, e o contexto no que as súas historietas foron xestadas. Toda unha oportunidade para reencontrarse con antigos amigos de papel ou para adentrarse nas profundidades deste xenio da ilustración