25-11-2016
Coa entrega dos premios Curuxa do Humor 2016, o Museo do Humor de Fene puxo fin o pasado venres 25 de novembro ao seu “Novembro, mes do humor”. Nun acto que acolleu o salón de actos da Casa da Cultura de Fene, os debuxantes Alberto Cardona, Antón Lezcano, Cristian Fojón e a artista gráfica Alba Souto recibiron da man do alcalde de Fene, Juventino Trigo, e do concelleiro de Cultura, Justo Martínez Ardá, os diplomas do certamedeste ano. Deseguido, o actor e contacontos Quico Cadaval pechou o ciclo humorístico que trouxo ata Fenedesta vez a referentes da risa retranqueira como Carlos Blanco, Paula Carballeira ou Xan Veiga.
O xurado do XX Concurso de Humor Gráfico Curuxa do Humor, reunido o pasado 17 de xuño, acordou por unanimidadeoutorgarlle o primeiro premio Curuxa 2016 aodebuxante Alberto Cardona Valcarcel pola obra titulada “Ray”. O xurado salientou “o pouso que deixa a historia, unha historia aberta, de humor negro, cunha excelente resolución gráfica acorde coa temática abordada”.
Tamén na categoría Curuxa (maiores de 25 anos), o segundo premio recaeunesta edición no debuxante Antón Lezcano González pola obra “Modernas”, da que o xurado destaca “o seu humor directo e moigalego, contrapoñendo a modernidade con aquilo que funcionou toda a vida”.
Na categoría Curuxa Nova (menores de 25 anos) o primeiro premio foi para Cristian Fojón Caruncho por “Adaptación ao medio”. Neste caso a acta do fallo sinala “a súa grande calidade gráfica e orixinalidade no aproveitamentodun tema de actualidade nas redes sociais para plasmalo de xeito humorístico en formato de cómic”. O segundo premio foi para Alba Souto Rodríguez por “A gaivota de Amalia”, unha obra na que o xuradovalorou, sobre todo, “o seu estilo persoal, o traballo da cor e a crítica social reflectida na denuncia da contaminación”.
Segundo informa a Concellería de Cultura de Fene, os premios están dotados cun diploma e cunha gratificación económica que vai dos 500 € do segundo premio Curuxa Nova aos 2.000 € do primeiro premio Curuxa. O xurado estivo formado polo alcalde de Fene, Juventino Trigo, polaexconcelleira de Cultura, Amalia García, polos debuxantes Juan Carlos Abraldes, Luís Davila e Santy Gutiérrez, e polo xestor de Actividades Culturais do Concello, Daniel Romero, en calidade de secretario do certame.