O público pode visitar ata o 16 de novembro a mostra “Premios Curuxa”

Fene entrega os premios do XXIII Concurso de Humor Gráfico Curuxa do Humor

Museo do Humor   Noticias  

Asier Sanz Nieto, gañador do 1º premio Curuxa Gráfica, e Javier Jareño López Cuervo, 1º premio Curuxa Nova

O alcalde de Fene, Gumersindo Galego, presidiu o venres pola tarde o acto de entrega dos premios da XXIII edición do Concurso de Humor Gráfico Curuxa do Humor de Fene. Uns galardóns que recaeron en Asier Sanz Nieto (1º premio Curuxa Gráfica categoría para maiores de 25 anos) e Javier Jareño López Cuervo (1º premio Curuxa Nova de 16 a 25 anos). Así mesmo, Sandra Lodi e Beatriz Rodríguez Gregores eran merecedoras do segundo premio na categoría Gráfica e Nova respectivamente. A entrega dos galardóns veu precedida da inauguración da exposición “Premios Curuxa 2019”, que poderá visitarse ata o 16 de novembro de luns a venres de 10 a 13 horas e de 16 a 21 horas e, os sábados, de 10 a 13 horas.


Así mesmo, o Concello de Fene tamén vén de inaugurar unha exposición virtual con todos os traballos presentados aos Premios Curuxa 2019 na páxina web do Museo do Humor.


O acto do venres pechouse coa actuación do xenial humorista David Perdomo.