O actor galego inaugura o ciclo de monólogos “Novembro, Mes do Humor”

Avelino González trae este xoves ao Museo do Humor os seus Contos de Contrabando

Museo do Humor   Noticias  

A función dará comezo ás 20 horas con entrada de balde previa retirada de convite –máximo dous por persoa- o mesmo xoves dende as 18,30 h

O actor, contador, monologuista e tradutor Avelino González inaugurará este xoves 31 de outubro o ciclo “Novembro, Mes do Humor” que organiza a Concellería de Cultura fenesa co apoio da Deputación a través da Rede Cultural. A partir das 20 horas, Avelino
González traerá ao Museo do Humor os seus Contos de Contrabando. A entrada é de balde ata completar aforo, previa retirada de convite –máximo de dous por persoa- o mesmo xoves a partir das 18,30 horas.

O contrabando é unha actividade que se desenvolve á marxe da lei. Ás veces é un delito outras un medio de subsistencia. Este último é o protagonista deste espectáculo. Son historias de trampas, trucos e retruques para ir tirando, para tentar ser felices, para evitar problemas indisolubles. A risa é o amor son armas moi usadas. Non sempre infalibles! 

Sobre Avelino González

Non hai medio que se lle resista e, no teatro, interpreta na actualidade a “Briguella” na “Commedia” de Contraproducións, dirixido por Cándido Pazó. Na televisión, vén de facer de “César” en Serramoura (e previamente participou en populares series da TVG como Pazo de Familia, Pratos Combinados, Mareas Vivas, As Leis de Celavella, Padre Casares… ou de TVE como “Seis Hermanas” e “Cuéntame”). Así mesmo, participou en películas como “Heroína” ou series web como “Dalle Jas”, “Volta ó Rural” e “Clases de lo Social”.