16-09-2019

Concentración violencia machista

Dende a Concellaría de Igualdade do Concello de Fene, convócase para mañán martes 17 de setembro de 2019 ao persoal do Concello, ao persoal político e a todas as persoas que desexen unirse, a unha concentración silenciosa ás 12:00 h na porta da Casa do Concello para manifestar públicamente a condea e rexeitamento polo TRIPLE ASASINATO POR VIOLENCIA MACHISTA DE SANDRA BOQUETE JAMARDO de 39 anos Xunto á súa nai, Mª ELENA FAJARDO FIGUEROA de 58 anos e á súa irmán ALBA BOQUETE FAJARDO de 27 anos Veciñas de Valga (Pontevedra)

Sandra, Mª Elena e Alba foron asasinadas este luns polo exmarido de Sandra, JOSÉ LUIS ABET LAFUENTE  de 41 anos, en Valga (Pontevedra) en presenza dos fillos de ambos de 4 e 7 anos de idade, pagando coas súas vidas a discriminación e a desigualdade que padecemos todas. Este feito constitúe o quinto acto de violencia machista en Galicia no que vai de ano dun total de 43 no resto de España. (Fuente MSSSI, 16/09/19).

Agradecemos de antemán a vosa asistencia como xesto de condea, repulsa e solidariedade.
13-09-2019

O Concello iluminarase de verde para visibilizar as patoloxías mitocondriais

O Concello de Fene vén de adherirse á iniciativa “Ilumina por las mitocondrias”, unha campaña de sensibilización coa que se pretenden dar a coñecer ás patoloxías mitocondriais.
Esta proposta parte da Asociación de Enfermos de Patologías Mitocondriales (AEPMI). Estas enfermidades, sen cura e que poden afectar a calquera idade e a calquera órgano e sistema do corpo, derivan dun fracaso no funcionamento das mitocondrias, que non xeran enerxía para manter a vida e o desenvolvemento dos órganos e sistemas.
A adhesión do Concello de Fene concretarase os días 14, 15 e 16 de setembro na iluminación do consistorio de cor verde, coincidindo cunha campaña internacional coa que ano tras ano se dá visibilidade a este tipo de patoloxías durante a Semana Mundial de Concienciación das Enfermidades Mitocondriais.
12-09-2019

O Concello de Fene porá en marcha este mes o programa de envellecemento activo

O alcalde Gumersindo Galego informou hoxe de que o Concello de Fene abrirá a vindeira semana o prazo de inscricións aos obradoiros de Envellecemento Activo. Así, entre o luns 16 e o venres 27 de setembro, as persoas interesadas poderán formalizar a súa participación nestas actividades, que son de balde para os participantes e que se desenvolverán en locais das entidades sociais e culturais de Fene ou no Centro Municipal de Servizos Sociais entre o 30 de setembro e xuño. Os obradoiros só se realizarán se se reúnen un mínimo de 10 persoas por grupo e as prazas cubriranse por orde de inscrición.
12-09-2019

O Concello presenta ás entidades sociais o programa de Envellecemento Activo

O Concello de Fene, a través da Concellería de Benestar Social e Igualdade, convocou hoxe ás 12:00 horas ás entidades sociais para presentar o programa de Envellecemento Activo, no que se enmarca a iniciativa Tardes Activas.

Participan nesta reunión a concelleira de Benestar Social, Tamara Miragaya López, e a técnica responsable do programa, María José Paz Rodríguez. Ademais, están convocadas as persoas que integran as directivas das entidades.
03-09-2019

O alcalde recibe á nena sahariana que pasou o verán cunha familia de Fene

O alcalde, Gumersindo Galego, e outros integrantes da corporación municipal, recibiron esta mañá no salón de plenos á nena sahariana que está a pasar o verán cunha familia de Fene, grazas ao programa Vacaciones en Paz que pon en marcha cada ano a entidade Solidariedade Galega co Pobo Saharaui.
28-08-2019

O 6 de setembro remata o prazo de inscrición para participar coa Asociación Por + Vida na Carreira Solidaria da Muller

A Concellería de Igualdade colabora por 6º ano consecutivo coa Asociación Oncohematolóxica Por+Vida na organización, difusión e traslado de participantes á 7ª Edición da Carreira Solidaria da Muller en A Coruña.
28-06-2019

Clausura do Obradoiro de Recuperación da Memoria organizado polo Concello de Fene

O Concello de Fene, a través da Concellería de Benestar Social e Igualdade, celebrou onte á tarde o acto de clausura do obradoiro de recuperación da memoria incluído no programa de Envellecemento Activo. Un taller enfocado á prevención de patoloxías asociadas a idade ou a enfermidades ou accidentes.
27-06-2019

O Concello de Fene súmase á campaña “Liberdade de ser e sentir!” con motivo do 28 de xuño, día da diversidade sexual

O Concello de Fene súmase á campaña “Liberdade de ser e sentir!” que impulsa a Deputación provincial da Coruña con motivo do 28 de xuño “día da diversidade sexual”. Unha campaña para sensibilizar sobre a importancia da tolerancia e a igualdade das persoas independentemente da súa orientación sexual e identidade de xénero. No marco da mesma, o Concello agasallará á veciñanza con camisetas conmemorativas e chapas –ata esgotar existencias-. Será mañá venres, 28 de xuño, entre as 10 e as 14 horas no Centro Municipal de Servizos Sociais.
19-06-2019

Un total de 679 alumnos e alumnas dos centros educativos de Fene, Mugardos e Neda tomaron parte no programa Cinensino

Un total de 679 alumnos e alumnas de 13 centros educativos dos municipios de Fene, Mugardos e Neda participaron ao longo das últimas semanas no programa Cinensino que impulsaron os tres concellos ao abeiro do proxecto de prevención de condutas aditivas e promoción da saúde no eido local e co apoio da Consellería de Sanidade. Esta semana chegaba ao seu fin por este curso, cos últimos visionados nos centros dos filmes seleccionados (“Coco” para Educación Primaria e “Una bolsa de canicas” para Secundaria).
10-06-2019

Últimos días para apuntarse ao obradoiro “Robótica para comerse o tarro”

O Concello de Fene, xunto aos de Mugardos e Neda, reeditará a súa aposta polo obradoiro “Robótica para comerse o tarro”. Dirixido aos rapaces e rapazas de entre 13 e 16 anos ou estudantes de Secundaria dos tres municipios, arrancará en Fene o 15 de xuño. Así, dende o departamento municipal de Servizos Sociais apúntase que se recollerán ata mañá martes –incluído- as solicitudes de participación. Será tanto nos centros escolares como no Centro Municipal de Servizos Sociais de Fene ou no whatsapp 670 03 46 25.