23-04-2026

Internet seguro para menores

O concello de Fene en colaboración coa fundación Cibervoluntarios organiza un cursos de formación en competencias dixitais para familias, entre as datas comprendidas do 19 de maio ao 2 de xuño de 2026.
Trátase dun programa de formación en prevención familiar e comunitaria e ten como finalidade evitar o desenvolvemento e a consolidación de condutas de risco, promovendo estilos de vida saudables, tendo en conta a perspectiva de igualdade de xénero.
As inscricións realizaranse no centro municipal de Servizos Sociais na caixa de correo servizos.sociais@fene.gal.
 
17-04-2026

Mellor acompañad@

O concello de Fene en colaboración coa Fundación Amigos de Galicia organiza un cursos de formación en competencias dixitais para maiores de 60 anos, entre as datas comprendidas do 5 e o 26 de maio de 2026 .
12-02-2026

Vacacións en paz 2026

Un ano máis o Concello de Fene fai un chamamento a todas aquelas familias que desexen e podan acoller temporalmente na súa familia a menores do Campamento de Tindouf durante os meses de xullo e agosto de 2026.
As familias interesadas disporán de todo o apoio e asesoramento que precisen para poder exercer este acollemento a través da asociación, Asociación Solidaridade Galega co Pobo Saharauí, que xestiona o programa. O Concello de Fene  sufragará os gastos derivados das viaxes dos nenos e nenas que sexan acollidos por familias deste Concello.
05-02-2026

Febreiro arrincou coa primeira sesión do Proxecto Indira

Coa presenza da alcaldesa de Fene, Sandra Permuy, e o Concelleiro de Benestar Social, Manuel Polo Gundín, onte deu comezo o Proxecto Indira. Un espazo de encontros semanais para mulleres no que se abordarán diferentes temas e actividades relacionados co desenvolvemento persoal e a saúde en todas as súas dimensións.

Nesta edición participan 19 mulleres. Traballarán o autocoñecemento e o autocoidado, a consciencia corporal, conectarán a través das vivencias de cada muller participante fortalecendo a consciencia como persoas de dereito e respecto. Poñerán en práctica ferramentas que lles permitan unha mellor xestión das emocións, aumentar a sensación de comprensión, apoio e coidado de cara a empoderar as dimensións como persoa: mental, física e emocional.
03-02-2026

Concentración de condea e rexeitamento polo asesinato por violencia machista

Dende a Concellaría de Benestar Social e Igualdade do Concello de Fene, convócase para hoxe martes 3 de febreiro 2026 ao persoal do Concello, ao persoal político e a todas as persoas que desexen unirse, a unha concentración silenciosa ás 12:00 h na porta da Casa do Concello para manifestar públicamente a condea e rexeitamento polo ASASINATO MACHISTA acontecido onte en Mos (Pontevedra).
MARÍA BELÉN
de 52 anos

Agradecemos de antemán a vosa asistencia como xesto de condea, repulsa e solidariedade.
13-01-2026

Indira 2026. Espazo de encontro entre mulleres

A Concellería de Igualdade do Concello de Fene, a través do Servizo Municipal de Atención á Muller, pon en marcha un novo Espazo para Mulleres enmarcado dentro do denominado Proxecto INDIRA, actividade que se ven desenvolvendo dende o ano 2018 de xeito ininterrompido cun total de dúas edicións por ano.

A primeira edición de este ano 2026 desenvolverase durante os meses de febreiro a maio de 2026, dende o 4 de febreiro ata o 27 de maio. Unha sesión semanal de 2 horas de duración que se realizarán os mércores de 10:00h a 12:00h da mañá.
08-01-2026

Cursos de formación en competencias dixitais para maiores de 60 anos

O concello de Fene en colaboración coa fundación Cibervoluntarios organiza dous cursos de formación en competencias dixitais para maiores de 60 anos, entre as datas comprendidas do 2 ao 12 de febreiro de 2026 .

YoConecto ofrece cursos adaptados a todos os niveis, que permitirán ás persoas participantes aprender a navegar de forma segura por Internet, realizar xestións coa Administración electrónica e a banca dixital. Ademais, poderán aprenderan a utilizar redes sociais e ferramentas dixitais de maneira creativa e segura, comunicarse por videochamada e descubrir plataformas e apps para a aprendizaxe, o lecer e a saúde.
04-12-2025

A nova adxudicataria do Servizo de Axuda no Fogar inicia os traballos esta semana no Concello de Fene

 O Concello de Fene vén de adxudicar o novo contrato do Servizo de Axuda no Fogar (SAF) á empresa Osventos Innovación en Servizos, por un período dun ano prorrogable por outro máis por un importe de 1.449.203,60 €. O contrato garante a prestación integral do servizo conforme ao prego de prescricións técnicas, baixo a dirección e control público da Área de Benestar Social e do departamento municipal de Servizos Sociais.

O SAF prestarase de luns a domingo, incluídos os días festivos, entre as 7.00 e as 22.00 horas, establecéndose dous tipos de servizo: o servizo común, de luns a sábado, e o servizo extraordinario para domingos e festivos. Trátase dun recurso esencial dirixido a garantir que as persoas maiores ou en situación de dependencia poidan permanecer nos seus fogares con seguridade, dignidade e autonomía.
03-12-2025

A Deputación Provincial de A Coruña subvencionou ao Concello de Fene no ano 2025, a través do POS+ADICIONAL para o financiamento de gastos sociais extraordinarios.

A Deputación Provincial de A Coruña subvencionou ao Concello de Fene no ano 2025, a través do POS+ADICIONAL 1/2025 para o financiamento de gastos sociais extraordinarios.
Achega provincial POS+ADICIONAL 1/2025 para gastos sociais extraordinarios
71.493,71€
03-12-2025

A Deputación Provincial de A Coruña subvencionou ao Concello de Fene no ano 2025 para o financiamento dos Servizos Sociais Comunitarios