Actuación encamiñada a sensibilizar, mellorar e complementar a información referida a hipersexualización das/os menores nas distintas APPs, video xogos e redes sociais en xeral. Analizaranse as consecuencias tales como as repercusións na saúde mental e o aumento de enfermidades de transmisión sexual.
Estas e moitas outras cuestións abordaranse o vindeiro luns, 19 de maio, ás 18.30 horas, nunha nova sesión do ciclo para familias "Máis que un teito", organizado polas Concellerías de Servizos Sociais dos Concellos de Fene, Mugardos e Neda. A sesión será impartida por Sara Rodríguez, formadora do Plan Director. O encontro desenvolverase no salón de actos da Casa da Cultura de Fene e, para asistir, cómpre inscribirse, indicando se precisa servizo de conciliación para atender ás crianzas. Prazas limitadas (30).