17-04-2023

Vacacións en paz 2023

O concello de Fene, dende a Área de Benestar Social e Igualdade, súmase un ano máis o proxecto VACACIÓNS EN PAZ da man da Asociación Galega Solidaridade co Pobo Saharaui.
Se estás interesada en ser familia acollledora podes contactar cós Servizos Sociais de Fene.
Se precisas información podes chamar ao teléfono da Asociación Solidaridade Galega co Pobo Saharauí no teléfono 986262637
03-04-2023

O uso problemático da tecnoloxía

O vindeiro 13 de abril, ás 18.30 h, a Casa da Cultura de Fene acollerá unha charla encamiñada a mellorar e complementar a información sobre o uso da tecnoloxía, de maneira precisa e axeitada para previr comportamentos aditivos nas familias.
28-03-2023

A Concellería de Benestar Social e Igualdade amplía o prazo prazo para inscribirse  no curso de mantemento básico de vehículos para mulleres

Por mor da festividade da Semana Santa, as datas iniciais ampliáronse, de tal xeito que a acción formativa desenvolverase  até o 15 de maio, en lugar do día 8, e as inscricións estarán abertas até o 5 de abril.  Mantense a data de incio, o día 27 de marzo ás 16.30.
21-03-2023

Charla e exposición fotográfica sobre o dano cerebral adquirido en Fene

A Casa da Cultura de Fene acollerá o vindeiro xoves 30 de marzo, ás 17.30 horas unha charla sobre “O dano cerebral adquirido”, froito da colaboración dos Servizos Sociais municipais coa Federación Galega de Dano Cerebral (FEGADACE). No acto falarase das posibles causas desta doenza (ictus, accidente de tráfico, tumor cerebral, anoxia, etc), así como da prevención e rehabilitación. O mesmo día abrirá ao público no salón de actos da Casa da Cultura unha mostra fotográfica titulada “Punto e seguido. A vida despois do dano cerebral adquirido”, mostra que se poderá visitar até o 14 de abril en horario: de luns a venres, de 10 a 13 e de 16 a 21 horas (o horario durante a Semana Santa será de luns a venres, de 10 a 14.15 horas).
13-03-2023

Un total de 20 escolares participan no programa Refórzate

O programa dirixido ao alumnado de primaria e secundaria, desenvolverase até o mes de  xuño no CPI A Xunqueira, de luns a xoves, en horario de tarde.

Refórzate, ta e como vimos informando, é un programa que  combina  a atención educativa; mediante sesións de apoio escolar en alumnado con dificultades de aprendizaxe xeneralizada e ou que precisen apoio nas áreas instrumentais;  e o espazo socioeducativo de lecer saúdable; utilizando o uso responsable das novas tecnoloxías, prevención en ludopatias, así como obradoiros de alimentación saúdable entre outros.
 
08-03-2023

A Concellería de Benestar Social e Igualdade organiza un curso de mantemento básico de vehículos para mulleres

No marco das actividades organizadas ao redor da conmemoración do Día da Muller, a Concellería de Benestar Social e Igualdade de Fene organiza un curso teórico-práctico de mantemento básico de vehículos, dirixido a mulleres. Dita acción formativa desenvolverase na Casa da Cultura (parte teórica) e pista de Fonte do Campo (parte práctica) os luns e mércores, desde o 27 de marzo ao 8 de maio, en horario de 16.30 a 19.30 horas. Inscricións abertas até o 22 de marzo, chamando ao teléfono dos Servizos Sociais municipais en horario de mañá: 981 492 706. As prazas (12) cubriranse por orde de inscripción, podendo quedar en lista de agarda as persoas que se inscriban logo desas doce primeiras.
07-03-2023

Manifesto institucional 8M Día Internacional da Muller

8 de marzo é, desde hai máis de cen anos, unha data internacional de reivindicación e loita pola igualdade de dereitos das mulleres. Máis aínda, nos últimos anos, a forza do feminismo conseguiu desenvolver mobilizacións absolutamente históricas nas que o noso país amosou o seu compromiso coa construción dunha sociedade máis xusta.

Avanzamos grazas ao inconformismo e á convicción de milleiros de mulleres e de asociacións e grupos de mulleres que contribuíron a facer do feminismo un movemento cada vez máis hexemónico e que defenderon co seu esforzo e mesmo coas súas vidas a conquista de novos dereitos. Mais sabemos tamén que o mundo vive un momento de profundas transformacións sociais e económicas e que historicamente cada crise foi aproveitada polo patriarcado para se fortalecer.

Accede ao manifesto completo aquí
06-03-2023

Exhibición deportiva, representación teatral e curso para conmemorar o Día da Muller en Fene

O Concello de Fene conmemora ao longo desta semana o Día da Muller. As actividades comezarán esta tarde, ás 19:30 horas, na pista polideportiva municipal de Centieiras, cunha exhibición de judo feminino a cargo do Club Artes Marciais Fene. Mañá martes, ás dez e ás doce e media, representarase na Casa da Cultura o monólogo "Golpes" (con temática sobre a violencia de xénero) para a rapazada do IES de Fene e do CPI A Xunqueira. Ademais, dende a Concellería de Benestar Social e Igualdade anuncian un obradoiro de mecánica básica para mulleres (do que se achegará máis información en datas próximas).
15-02-2023

Refórzate 2023

O concello de Fene e a agrupación de concellos de Mugardos e Neda desenvolve o proxecto de prevención de condutas aditivas, no que se enmarcan o programa REFÓRZATE, subvencionado pola Consellería de Sanidade. Trátase dun programa de formación en prevención comunitaria e ten como finalidade evitar o desenvolvemento e a consolidación de condutas aditivas, promovendo estilos de vida saudables, entre o alumnado que permanece vinculados ao sistema educativo, tendo en conta a perspectiva de igualdade de xénero
25-01-2023

Espazo de Encontro e Apoio Emocional Entre Mulleres

A Área de Benestar Social e Igualdade do Concello de Fene abre o prazo de inscrición no proxecto INDIRA. Un proxecto por e para todas as mulleres de Fene que desenvolvese a través de encontros semanais, nos que abordaranse diferentes temas e actividades relacionados cas relacións persoais, autocoidado, sexualidade e saúde feminina, intelixencias múltiples, emocións, violencia de xénero, etc.