15-11-2017 -
Museo do Humor
Continúa o ciclo de monólogos organizado pola Concellería de Cultura de Fene, coa colaboración da Deputación da Coruña, no Museo do Humor de Fene. A terceira sesión do “Novembro, mes do humor” traerá a Fene este venres, 17 de novembro, aos humoristas Fran Rei, Isabel Risco e Pedro Brandariz cun espectáculo titulado “Falar sen cancelas”.