Aberto o prazo de solicitude nas instalacións deportivas municipais tempada 2019/2020

Aberto o prazo de solicitude nas instalacións deportivas municipais tempada 2019/2020

Dende o 19 de setembro, os equipos non federados, asociacións deportivas non federadas e particulares poderán solicitar as horas que queden libres despois de confeccionar o horario inicial de clubs federados do Concello. O prazo de solicitude será do 19 ao 26 de setembro.


As solicitudes poderán entregarse:


- No rexistro Xeral de entrada do Concello de Fene, no primeiro andar da Casa do Concello.


- Telemáticamente,  no Rexitro Xeral do Concello de Fene


O horario definitivo da TEMPADA e a concesión de horas poderá consultarse a partir das seguintes datas:


- Equipos federados do Concello: a partir do 18 de setembro.
- Resto de equipos/ sociedades/particulares: a partir do 27 de setembro.

nos seguinte lugares:

Na páxina web do Concello de Fene: www.fene.gal
No taboleiro de anuncios do pavillón polideportivo da Xunqueira, en San
Valentín.

No teléfono do pavillón polideportivo da Xunqueira: 981 492 804, de luns a venres:


o En horario de mañá: de 9:00 a 14:00 horas
o En horario de tarde: de 18:00 a 23:00 horas.

Descargas
Ligazóns