Exhibición do Club Ximnasia Artística Ferrolterra en San Valentín

Exhibición do Club Ximnasia Artística Ferrolterra en San Valentín

Unha vez finalizada a tempada para a maioría de ximnastas, o Club Ximnasia Artística Ferrolterra pecha o curso este venres, 1 de xullo, cunha exhibición no pavillón de San Valentín na que tomarán parte ao redor de 150 ximnastas da bisbarra. Comezará ás cinco do serán e finalizará ao redor das oito. Entrada libre.

Desta vez, a diferencia da exhibición que organizou o club no Nadal, as/os participantes só realizarán coreografías de chan con acrobacias de chan e salto. E a temática da mesma serán os diferentes estilos musicais (pop, rock, disco, country, copla, etc.)

Organiza: Club e Escola Ximnasia Artística Ferrolterra
Colabora: Concellería de Deportes de Fene