Novas

18-11-2021

O CMI Unidade de Fene acolle este sábado a entrega do XXXIV Premio Pérez Parallé, certame organizado coa colaboración do Concello

O gañador do Premio Nacional de Poesía Xosemaría Pérez Parallé 2021, Anxo Mena, recibirá  este sábado o premio polo seu libro Alimentar canarios con ovos da casa, obra seleccionada entre as 57 que se presentaron ao concurso este ano. A entrega terá lugar na sede do CMI Unidade de Fene a partir das 20 horas e contará coa actuación da Rondalla Estrelecer.



16-11-2021

A compañía Berrobambán Teatro visita fene para FACER MEMORIA

Este mércores, 17 de novembro, bota a andar no Concello de Fene o proxecto `Facer memoria´, impulsado por Berrobambán Teatro e a Concellería de Cultura de Fene, coa colaboración da Rede de Dinamización Lingüística da Xunta de Galicia e as sociedades O Pote de Maniños, Agarimo de Sillobre e AVV San Xurxo de Magalofes. Facer Memoria é un espectáculo-encontro entre a narradora oral Paula Carballeira e a veciñanza destas tres parroquias de Fene “no que esvaemos os límites entre o palco e o patio de butacas, dándolle voz tamén ás lembranzas do público. E así, entre contos e conversas, intentaremos facer memoria. Dándolle a cada lembranza a importancia que merece.”. As citas serán con entrada libre o mércores 17, ás 19 horas, na ACRD O Pote de Maniños; e o xoves 18, ás 17 horas na SCRD Agarimo de Sillobre, e ás 19 horas na AVV San Xurxo de Magalofes.
12-11-2021

Anxo Mena obtén a XXXII edición do Premio Nacional de Poesía Xosemaría Pérez Parallé

Anxo Mena, nado en Carral en 1982 obtivo a XXXIV edición do Premio Nacional de Poesía Xosemaría Pérez Parallé, que convoca o Círculo Mercantil e Industrial-Unidade de Fene, co apoio do Concello de Fene. O xurado escolleu o libro de Mena, titulado Alimentar canarios con ovos da casa de entre 57 obras presentadas a concurso este ano.
08-11-2021

Últimos días para reservar invitacións para a función de A lúa vai encuberta, de Manuel María, no Concello de Fene

A montaxe, gañadora do II Certame Manuel María de Proxectos Teatrais, representarase o vindeiro domingo, 14 de novembro, ás 19.00 horas no local da SCRD Agarimo de Sillobre, da man das compañías Incendiaria e A Quinta do Cuadrante. O prazo de reserva de entradas para asistir á función está aberto até as 12.00 horas do venres día 12, por correo-e (cultura.deportes@fene.gal), whatsapp 607 625 357 ou teléfono 981 34 03 66, indicando o nome e apelidos das persoas que queiran asistir e un número de teléfono de contacto. Función organizada pola Concellería de Cultura de Fene, coa colaboración de Agarimo de Sillobre, e subvencionada pola Deputación da Coruña.
27-10-2021

A lúa vai encuberta, de Manuel María, chega a Fene da man das compañías Incendiaria e A Quinta do Cuadrante

O local da SCRD Agarimo de Sillobre acollerá o domingo 14 de novembro ás 19 horas a representación de “A lúa vai encuberta”, montaxe gañadora do II Certame Manuel María de Proxectos Teatrais. A peza está protagonizada polos actores Melania Cruz e Tito Asorey (director da obra), da compañía A Quinta do Cuadrante, e Vanesa Sotelo e Davide González, da plataforma artística Incendiaria. O prazo de reserva de entradas para asistir á función abrirá o martes 2 de novembro ás 9.00 horas e prolongarase até as 12.00 horas do venres día 12, por correo-e (cultura.deportes@fene.gal), whatsapp 607 625 357 ou teléfono 981 34 03 66. Función organizada pola Concellería de Cultura de Fene, coa colaboración de Agarimo de Sillobre, e subvencionada pola Deputación da Coruña.
22-10-2021

O vindeiro luns abre o prazo de solicitude de axudas a entidades sen fins de lucro do Concello de Fene

Coa publicación no Boletín Oficial da Provincia do extracto das bases reguladoras da convocatoria de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, a entidades sen fins de lucro para o ano 2021, do luns 25 de novembro ao luns 8 de novembro ás 14.00 horas permanecerá aberto o prazo de solicitude destas axudas que teñen como finalidade: contribuír ao normal funcionamento do tecido asociativo (gasto corrente); mantemento de instalacións, así como a realización de actividades de carácter cultural, deportivo, educativo, de defensa dos dereitos da veciñanza e gastos de funcionamento. A contía que destina o Concello de Fene a esta convocatoria é de 105.800 €, incrementándose o importe máximo de subvención por entidade no caso das deportivas e culturais.
18-10-2021

Leo Leiño na Casa da Cultura de Fene

Aberto o prazo de reserva  para a derradeira función do ciclo “Ler conta moito” da Biblioteca Municipal de Fene. Para esta última sesión, a contacontos Leo Leiño propón un espectáculo, dirixido a nenos/as de 6 a 14 anos, “cheo de maxia e ilusión pola rota xacobea”. Reserva de praza na propia biblioteca ou no teléfono 981 342302 en horario de tarde (luns-venres) ou de mañá (sábados).
04-10-2021

Continúa o prazo de inscrición para piano-solfexo e guitarra

Tal e como vimos informando, as persoas que desexen anotarse en calquera das dúas actividades, deberán solicitar cita previa do 1 ao 4 de outubro nos teléfonos 981 492 804 ou 607 626 812, de 8:30 e as 14:00.

Unha vez solicitada a cita, presentaranse nas dependencias administrativas do Pavillón “A Xunqueira” de San Valentín no día e hora sinalados, tendo en conta que os días 5 e 6 de outubro realizaranse as inscricións para os residentes en Fene e o día 7 para a totalidade da poboación. Este novo curso das escolas culturais de música do Concello de Fene prolongarase dende o luns 18 de outubro de 2021 ao 31 de maio de 2022. A incorporación farase no primeiro día fixado para cada actividade.
04-10-2021

Xela Arias. Liberdade, solidariedade e amor pola lingua

O ciclo de "Ler conta Moito" arrinca o día 7 de outubro coa actuación: "Xela Arias. Liberdade, solidariedade e amor pola lingua" do grupo Polo Correo do Vento, onde o colectivo pontevedrés pon música, narra e ofrece ilustracións realizadas por Tania Solla, sobre a biografía da escritora nada en Sarria. 

A actuación será ás 18.00 h na Casa da Cultura (Salón de Actos) e está dirixida a nenos e nenas maiores de 5 anos.

As persoas interesadas poden reservar praza  presencialmente na Biblioteca ou a través do teléfono 981 34 23 02. 
 
 
 
01-10-2021

Contos para bebés con Rilo e Penadique na Biblioteca Municipal de Fene

O dúo formado pola mugardesa Vero Rilo e Sonsoles Penadique volve a Fene este sábado para participar no ciclo de actividades de outono que se está a desenvolver na biblioteca municipal Xosemaría Pérez Parallé. A cita, prevista en dúas funcións -a primeira de 11.30 a 12.00 e a segunda de 12.30 a 13.00 horas- encádrase no programa FalaRedes 2021, da Secretaría Xeral de Política Lingüística. O espectáculo, titulado “Derriba da lúa”, vai dirixido a nenos/as de 0 a 4 anos. Para asistir, cómpre reservar praza no teléfono 981 34 23 02. Aforo limitado a 10 nenos/as máis un/ha acompañante, en cada quenda.