Novas

25-03-2021

Cambio de horario na Casa da Cultura de Fene durante a Semana Santa

A concellería de Cultura informa do cambio de horario da Casa da Cultura de Fene (Biblioteca Municipal, aula de estudo, Museo do Humor e sala de exposicións temporais) durante a Semana Santa.
01-03-2021

Exposición de Julia Pita na Casa da Cultura de Fene

Tras meses de parálise por mor das medidas restritivas impulsadas polas autoridades sanitarias para facer fonte á pandemia, este martes 2 de marzo reanúdase a actividade na sala de exposicións temporais da Casa da Cultura de Fene cunha mostra da artista ferrolá Julia Pita. A exposición, que inaugura o calendario da sala en 2021, consta dunha trintena de óleos de temática variada, aínda que salientan as paisaxes e unha serie sobre geishas.
24-02-2021

Fene súmase á conmemoración do Día de Rosalía

Cada ano, o 24 de novembro celébrase o Día de Rosalía, coincidindo coa data do nacemento da escritora galega máis universal. Aínda que neste 2021 o Concello de Fene non pode festexar a efeméride como tiña previsto, xa que a pandemia provocada pola Covid-19 obrigou a adiar as actividades programadas, a Concellería de Cultura acordou sumarse á proposta de conmemoración da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG).
Así, nesta xornada, fixada no Calendario do Libro e da Lectura como aniversario do nacemento de Rosalía de Castro, a entidade propón á cidadanía que agasalle cun libro en galego e cunha flor ás amizades e persoas queridas. Ademais, difunde un manifesto, redactado nesta ocasión pola escritora Anna R. Figueiredo. Por outro lado, a AELG anuncia que o acto central do Dí­a de Rosalía de Castro terá lugar o vindeiro sábado 27 de febreiro, ás 12:00 horas, no Panteón de Galegos Ilustres (San Domingos de Bonaval), en Santiago de Compostela.
18-02-2021

Testamento do Entroido

Onte, mércores de cinza, o actor, director e contacontos Quico Cadaval deu lectura ao Testamento do entroido, a mellor crónica satírica do acontecido en Fene, en Galicia e no mundo nos últimos meses.
08-02-2021

Fene conmemorará virtualmente o seu ciclo do Entroido

Malia que a situación epidemiolóxica impide a celebración das actividades que tiñan lugar na Praza do Concello o Martes de Entroido e o Mércores de Cinza, o Concello de Fene resístese a deixar pasar de baleiro unha das festas con máis tradición no termo municipal. Por iso, a concellería de Cultura habilitará un espazo na páxina web do Concello e nas súas redes sociais dende o que conmemorar virtualmente o ciclo do Entroido. As actividades desenvolveranse do venres 12 ao venres 19 de febreiro. Neste período, a través da web municipal fene.gal e do facebook do Concello de Fene, difundirase fotografías e vídeos das actividades desenvolvidas ao longo desta semana nos centros de ensino feneses. Así, os mandados do entroido, a confección de máscaras, os disfraces ou a interpretación de coplas por parte das nenas e nenos feneses, terán un oco neste "escaparate" virtual do Entroido.
28-12-2020

Abre o prazo de reserva de entradas para a Recepción Real que ofrecerán os Reis Magos de Oriente o 5 de xaneiro en Fene

Na Casa do Concello de Fene instalouse esta mañá o Buzón Real no que os nenos/as que o desexen poden depositar as cartas coas súas peticións de agasallos de cara á festividade de Reis. Ademais, as persoas que queiran asistir á Recepción de Melchor, Gaspar e Baltasar que terá lugar na Praza do alcalde Ramón José Souto González o vindeiro martes 5 de xaneiro, poden solicitar praza dende hoxe e até o mércores desta semana, así como o vindeiro luns 4 de xaneiro, en horario 9:00 a 13:30 horas. As reservas poderán realizarse por teléfono (981 340 366), whatsapp (607 625 357) ou correo electrónico (cultura.deportes@fene.gal).
22-12-2020

Este mércores abre o prazo de reserva de entradas para o concerto que ofrecerá Nuevo Plan en Fene

A praza do alcalde Ramón José Souto González acollera o mércores 30 de decembro, ás 20.00 horas, o concerto de Nuevo Plan “Os mellores hits do pop nacional”, espectáculo organizado pola concellería de Cultura no marco do ciclo “Un Nadal diferente”. As entradas para o concerto poranse a disposición do público este mércores 23 de decembro, ás 9.00 horas, na páxina de Ataquilla.com (https://entradas.ataquilla.com/ventaentradas/es/). Serán de balde ate completar aforo (146 localidades) pero cada persoa só poderá reservar un máximo de dous pases, rexistrando os datos das 2 persoas que acudirán ao mesmo.
21-12-2020

Cambio de horario na Casa da Cultura durante o Nadal

A concellería de Cultura informa do cambio de horario da Casa da Cultura de Fene (Biblioteca Municipal, aula de estudo, Museo do Humor e sala de exposicións temporais) durante o Nadal. Así, a partir deste mércores 23 de decembro, as instalación da Avda. de Conces, 20-22, permanecerán abertas ao público de luns a venres de 10.00 a 14.15 horas (o préstamo na Biblioteca pecha 10 minutos antes). Os días 24 e 31 de decembro, sábados, domingos e festivos, a Casa da Cultura permanecerá pechada. Nesas xornadas, os materiais depositados no buzón de empréstitos constarán como devoltos o último día de apertura da biblioteca.

O horario habitual da Casa da Cultura de Fene retomarase o venres 8 de xaneiro.
15-12-2020

Cunha Recepción Real das SSMM Os Reis Magos de Oriente pechará este ano “Un Nadal diferente” no Concello de Fene

Se a evolución da pandemia o permite, Melchor , Gaspar e Baltasar visitarán Fene o vindeiro 5 de xaneiro pero, desta vez, non percorrerán as principais rúas do casco urbano do concello senón que ofrecerán unha Recepción Real na praza do alcalde Ramón José Souto González. Atendendo ás recomendacións das autoridades sanitarias que, por motivos de saúde pública, non aconsellan facer este ano Cabalgatas, substituíndoas por actos estáticos e con aforo controlado, o Concello de Fene acordou organizar desta vez un acto no que os nenos e nenas poderán fotografarse coas SSMM, mantendo as distancias, e depositar a súa carta no buzón real. Para controlar os aforos e facilitar a participación, dende a concellería de Cultura elaborouse o correspondente protocolo de inscrición e un regulamento para o acceso á carpa.
14-12-2020

Abre o prazo de reserva de entradas para as actuacións de Rilo&Penadique e Happy Gospel no Concello de Fene

En vísperas do Nadal, a compañía de “Rilo&Penadique” achégase este xoves á Casa da Cultura de Fene para presentar “Arrerú”, espectáculo para crianzas até os 4 anos. A función comezará ás 18 horas con entrada de balde e aforo limitado (15 nenos/as acompañados dunha persoa adulta). Para asistir a esta actividade cómpre reservar entradas na Biblioteca Municipal de Fene (tfno 981 342 302) até o mércores desta semena, en horario de tarde (de 16.00 a 21.00 horas).

Tamén esta semana terá lugar o tradicional concerto de Nadal que organiza a Concellería de Cultura e que este ano terá como protagonista ao quinteto vocal “Happy Gospel” que actuará o venres 18 ás 20.00 horas na igrexa grande de Maniños. Novamente, a entrada será de balde e o aforo limitado. Reserva de entradas, até o propio venres no Departamento de Cultura do Concello de Fene, chamando ao 981 340366 en horario de 8.00 a 14.00 horas. Atendendo aos protocolos para facer fronte á Covid 19, recoméndase que as persoas que asistan a calquera destas funcións cheguen, alomenos, con 20 minutos de antelación ao comezo das mesmas.