Novas

24-09-2019 -

Por+Vida regresa da VII Carreira da Muller co primeiro premio á participante máis veterana e o segundo á asociación con máis participantes

Por+Vida participaba o pasado domingo, na cidade herculina, na 7º edición da Carreira da Muller sendo tamén a súa sétima participación. Para iso, contaba coa colaboración do Concello de Fene, como vén sendo habitual nos últimos seis anos, con dous autobuses para o desprazamento para a carreira.
23-09-2019 -

O Concello apoia o labor do movemento asociativo coa aprobación de subvencións nominativas superiores aos 68.000 euros

O Concello de Fene destinará este ano 68.417,76 euros á liña de subvencións nominativas dirixidas a diferentes entidades e asociacións do municipio. Subvencións coas que busca, en definitiva, apoiar o extraordinario labor que desenvolven ao longo do ano.
 
23-09-2019 -

Últimos días para apuntarse aos obradoiros gratuítos de envellecemento activo

A concelleira de Benestar Social, Tamara Miragaya, informou esta mañá do calendario definitivo dos obradoiros de Envellecemento Activo que porá en marcha, a partir da próxima semana, o Concello de Fene destinados ás persoas maiores de 55 anos. Nesta liña, lembrou que o prazo de inscrición nas actividades, completamente gratuítas, concluirá este venres 27 de setembro e debe formalizarse no Centro Municipal de Servizos Sociais. As prazas son limitadas e para a realización das accións debe reunirse un grupo mínimo de 10 participantes e máximo de 15.
20-09-2019 -

San Valentín acollerá este sábado a Xornada WorkIn, que pretende concienciar sobre prevención de riscos laborais e muller con discapacidade e emprego

A ASCM dentro das actividades “XMULLER= Súmate e completa a ecuación” , enmarcadas no proxecto de Iniciativa Xove financiado pola Consellería de Política Social e Benestar da  Xunta de Galicia e coa colaboración do Concello de Fene, organiza a “Xornada WorkIn” en San Valentín. Será este sábado 21 a partir das 16.30 horas.
20-09-2019 -

A ASCM pechou en Fene o seu roteiro pola mobilidade

A ASCM remataba no día de onte en Fene o seu roteiro pola Semana da Mobilidade Europea coa súa iniciativa reivindicativa "Xente!! Senta e Sente". O obxectivo é o de concienciar aos representantes políticos sobre a necesidade de pensar en clave de accesibilidade universal. Esta parada completaba o ciclo que a ASCM comezaba o pasado luns en Neda e que continuaba o martes, neste caso, no concello de Narón.
19-09-2019 -

As escolas culturais municipais abren o prazo de inscrición o 2 de outubro

As Escolas Culturais Municipal abren a inscrición para o curso 2019/2020 o vindeiro 2 de outubro, un prazo que se estenderá ata o día 8 do mesmo mes. Os veciños de Fene teñen prioridade á hora de seleccionar as prazas vacantes nas escolas culturais municipais e, por iso, o prazo de inscrición está reservado entre os días 2 e 4 de outubro a residentes na localidade. Os días 7 e 8 de outubro pode formalizar a súa matrícula a poboación en xeral, independentemente do lugar de empadroamento
19-09-2019 -

Fene traslada este sábado o comercio á rúa nunha nova edición da Feira Outlet

O edil de Promoción Económica do Concello de Fene, Juan José Franco, anunciou esta mañá que o municipio acollerá esta fin de semana a décima edición da Feira Outlet Merca in Fene, que se celebra o vindeiro sábado, 21 de setembro, de 10:00 a 20:30 horas. O evento localizarase entre as avenidas Naturais e do Concello e a rúa Marqués de Figueroa, os tres eixos nos que están instalados os 20 negocios que participan nesta edición e as carpas do concello.
19-09-2019 -

Aberto o prazo de solicitude nas instalacións deportivas municipais tempada 2019/2020

Dende o 19 de setembro, os equipos non federados, asociacións deportivas non federadas e particulares poderán solicitar as horas que queden libres despois de confeccionar o horario inicial de clubs federados do Concello. O prazo de solicitude será do 19 ao 26 de setembro.
19-09-2019 -

A Casa do Concello de Fene iluminarase de violeta a noite deste venres como mostra do seu compromiso na loita contra a violencia machista

O Concello de Fene súmase ás concentracións convocadas pola Plataforma Feminista de Alicante: “20S Emerxencia Feminista” para alertar do incremento da violencia de xénero logo dun verán negro e un mes de xullo no que cada dous días foi asasinada unha muller en algún lugar de España. Máis aínda despois do terrible episodio vivido na nosa comunidade o pasado luns en Valga, Pontevedra, co triple asasinato machista de tres mulleres da mesma familia en presenza dos fillos de 4 e 7 anos de idade.
18-09-2019 -

Fene promove a lectura e a igualdade cun ciclo de espectáculos infantís deseñado para conmemorar o Día das Bibliotecas

 A Biblioteca Pública Municipal Xosé María Pérez Parallé vén de deseñar un ciclo de actividades cos que pretende celebrar o Día Internacional da Biblioteca, que se conmemora o 24 de outubro. Faino con catro actuacións que arrancan o vindeiro 27 de setembro, que van dirixidas a un público infantil e que teñen como obxectivo rachar con estereotipos de xénero, promover a lectura e agasallar tardes de diversión a nenos e nenas.