Novas

05-04-2018 -

“As mulleres” de Yolanda Vizoso amosaranse a partir do vindeiro luns en Fene

A cor inundará a sala de exposicións da Casa da Cultura de Fene nas vindeiras semanas cunha exposición de pintura da artista fenesa Yolanda Vizoso. A mostra abrirá ao público o vindeiro luns, 9 de abril, e poderá visitarse até o día 30.
03-04-2018 -

O Concello renova o tatami do ximnasio da Casa da Cultura

Na instalación deste novo equipamento investíronse algo máis de 5.000 euros. Porén esta non será a única actuación que se levará a cabo no ximnasio municipal da Casa da Cultura, xa que o Concello ten previsto cambiar en breve o portalón de acceso ás instalacións, utilizadas tamén como sede polo Club BTT Fene.
03-04-2018 -

Doa sangue, ti das o tipo

Hoxe, martes 3 de abril áchegate a Casa do Concello e doa sangue, recbirás como agasallo unha camiseta solidaria do Depor ou do Celta.
28-03-2018 -

A caseta de Turismo abre as súas portas na Semana Santa

A Oficina de Información Turística do Concello de Fene emprazada na Avenida Naturais estará aberta do xoves ao domingo ao público no seguinte horario: De 10:30 a 13:00  h e de 17:00 a 19:00 h.
27-03-2018 -

O alumnado do Programa Inicia II coloca unha nova varanda entre a rúa Machuco e a Avenida da Cooperación

O mércores 28 de marzo darase por finalizado o programa de formación e emprego Inicia II, actuación enmarcada dentro do Programa Operativo de Emprego Xuvenil cofinanciado pola Iniciativa de Emprego Xuvenil e o Fondo Social Europeo para o período 2014-2020, que se desenvolve en Fene desde o pasado mes de setembro.
26-03-2018 -

O Concello mellora a accesibilidade á Torre III de San Valentín

O pasado venres desenvolvéronse en San Valentín os traballos de tala de dúas das palmeiras que hai diante da Torre III do barrio, como paso previo ao ancheado da vía de saída do aparcadoiro situado ao seu carón.
22-03-2018 -

A chegada do bo tempo marca o inicio das obras na Avenida das Pías

O proxecto de reurbanización e reposición de infraestruturas soterradas está cuantificado en 244.600 euros, que o Concello de Fene financiará con fondos do PAS provincial
22-03-2018 -

Horario especial da Casa da Cultura de Fene durante a Semana Santa

A Concellería de Cultura informa dos cambios no horario de apertura e atención ao público nas dependencias da Casa da Cultura, Biblioteca Municipal “Xosemaría Pérez Parallé” e Museo do Humor, por mor da Semana Santa.
22-03-2018 -

Cinensino trae aos centros escolares de Fene "Hermanos del viento" e "El profesor de violín"

Cinensino é un programa dirixido a alumnado de 5º e 6º de primaria e 1º e 2º da ESO que pretende servir de apoio na prevención de codutas adictivas de todo tipo entre a rapazada e a adolescencia.
21-03-2018 -

O Concello de Fene súmase á campaña da "Hora do Planeta"

As luces da Casa da Cultura-Museo do Humor de Fene e as da Casa do Concello e Praza do alcalde Ramón Souto González permanecerán apagadas o vindeiro sábado entre as 20.30 e as 21.30 horas, atendendo ao chamamento da organización ecoloxista WWF para  participar nunha nova edición da “Hora do Planeta”.