Novas

11-12-2017 -

O Concello inviste 18.000 euros no mantemento de parques infantís

O consistorio agarda adxudicar en breve  o acondicionamento dos vestiarios da zona deportiva de Magalofes e a adaptación á normativa dos parques de Perlío, San Valentín e Limodre
08-12-2017 -

O Concello de Fene presenta un completo programa de actividades para o Nadal

O ciclo, organizado pola concellería de Cultura, incluirá contacontos, exposicións, teatro, maxia, concertos e a tradicional cabalgata de Reis.
07-12-2017 -

O vindeiro luns abre o prazo para apuntarse ás actividades deportivas de Nadal do Concello de Fene

A programación deportiva comezará o 9 de decembro coa VII Exhibición Solidaria de Baile Moderno e Bailes de Salón.
05-12-2017 -

O Concello acenderá hoxe o alumeado do Nadal

88 arcos e guirnaldas iluminarán o Nadal de Fene desde este serán ata o día 7 de xaneiro. O alumeado ocupará as rúas do centro urbano así como locais sociais e zonas das parroquias onde se dá a maior concentración de poboación.
05-12-2017 -

As podas nas principais vías do casco urbano finalizarán a mediados de mes

Ademais de manter controlada a vexetación, a limpeza tamén pretende adecentar a zona de cara ao inverno e aclarear o arborado para que o  alumeado público sexa máis efectivo agora que as noites son máis longas.
01-12-2017 -

825 deportistas tomarán a saída este domingo na XXXII Memorial Adolfo Ros-Volta á ría

A carreira, con saída e chegada en San Valentín, percorrerá os municipios de Fene, Ferrol, Narón e Neda, recuperando este ano o seu trazado orixinal.
01-12-2017 -

Fene destina 130.000 euros a colaborar coas entidades sociais e deportivas do municipio

O Concello publica as bases das subvencións para as entidades do territorio e asinará en breve os convenios nominativos para subvencionar preto dunha vintena de actividades
30-11-2017 -

O Concello de Fene abre o prazo de solicitude das Subvencións a Entidades sen fins de lucro para actividades desenvolvidas no 2016

Apoiar ás entidades municipais sen ánimo de lucro no desenvolvemento de actividades culturais, deportivas ou educativas que favorezan a participación entre a veciñanza; contribuír ao financiamento dos gastos de funcionamento necesarios para o cumprimento dos fins propios das asociacións así como para o desenvolvemento das actividades obxecto da subvención. Son os principais obxectivos dunha nova convocatoria de Subvencións a Entidades sen Fins de Lucro que ven de aprobar o Concello de Fene. O prazo de presentación de solicitudes finaliza o vindeiro 15 de decembro.
30-11-2017 -

Nace en Fene o colectivo poético Moraima (A Grafía da emoción)

O pasado día 23 constituiuse na Casa da Cultura de Fene a agrupación poética Moraima [A Grafía da emoción], formada por participantes no obradoiro de escritura literaria organizado recentemente pola Asociación de Escritores en Lingua Galega en colaboración co Concello e a Deputación da Coruña. A finalidade do colectivo é promover a creación en lingua galega, ademais de espallar a fala, a cultura e a tradición por toda a comarca.
28-11-2017 -

Exposición “Historia de Scratch Fene. 13 años de slalom” na Casa da Cultura de Fene

O mércores 29 de novembro inaugúrase a exposición “Historia de Scratch Fene. 13 años de slalom” na Casa da Cultura de Fene.