O Museo do Humor de Fene incrementa os seus horarios polo Nadal

Museo do Humor   Dixomedíxomes  

Desde este xoves 22 de decembro e ata o sábado 7 de xaneiro cambia o horario de apertura e atención ao público nas dependencias do Museo do Humor. Así, o Museo do Humor abrirá ao público este Nadal de 10.00 a 14.15h. polas mañás e, ademais, as instalacións tamén poderán visitarse os días 22, 27 e 29 de decembro en horario de 17.00 a 21.00h.

Esta ampliación de horarios é froito dunha subvención proveniente da Deputación da Coruña.