13-09-2017
O obradoiro vai dirixido a persoas maiores de 16 anos que queiran "coñecer e valorar as potencialidades terapéuticas e curativas da risa; empregar a risa como ferramenta favorecedora da comunicación e como estímulo da creatividade; e axudar ao corpo e á mente a afrontar positivamente calquera situación de estrés utilizando a risa como ferramenta terapéutica".
Horas/obradoiro: 60
Prazas: 15
Horario: Unha sesión semanal os martes (a partir do 18 de outubro), de 18.30 a 20.00 horas
Custe da actividade (cota única): 28,20 €
Inscricións: no pavillón polideportivo A Xunqueira de San Valentín os días 2, 3 e 4 de outubro (só residentes en Fene) e 5 e 6 de outubro (poboación en xeral)