10-10-2017
A exposición permanecerá aberta ao público até o xoves 30 de novembro no seguinte horario: de luns a venres, de 10.00 a 13.00 horas e de 16.00 a 21.00 horas, e os sábados, de 10.00 a 13.00 horas.
A exposición “Premios Curuxa 2017” inclue unha selección dos traballos presentados este ano ao concurso de humor gráfico que convoca anualmente o Museo do Humor de Fene. Salientan as obras dos artistas galardoados nesta edición: Borja Ramón López Cotelo, “El primo Ramón” (1º premio na categoría Curuxa), Andrés Meixide Gayoso (2º premio na categoría Curuxa), Andrés Simal González (1º premio na categoría Curuxa Nova) e Andrés Garrido Martín (2º premio na categoría Curuxa Nova).
A maiores da exposición dos orixinais presentados a concurso, tamén se habilitou na web do museo http://museodohumor.fene.gal (no apartado de "Exposicións") unha galería de imaxes cunha selección de obras.
Dende a Concellería de Cultura de Fene agradécese a participación dos/as artistas que enviaron debuxos aos Premios Curuxa 2017 e convídase ao/ás mesmos/as e a todos os veciños/as de Fene e comarca a visitar a exposición. Tamén se adianta que a entrega de premios aos gañadores desta convocatoria será o venres 3 de novembro de 2017, ás 20.00 horas, coincidindo co comezo do ciclo "Novembro Mes do Humor" no Museo do Humor de Fene.