Manuel Barro e Rafael Nadales traen á Casa da Cultura de Fene os seus “Contrastes”
Museo do Humor DixomedíxomesO acto de inauguración, aberto á veciñanza, celebrarase este martes ás 12 h na Casa da Cultura
03-09-2018
Nel, os artistas estarán acompañados do alcalde, Gumersindo Galego, e da concelleira de Cultura, Rocío Bértoa, e dende o Concello anímase á veciñanza a tomar parte no mesmo.
A partir desa data, permanecerá no centro cultural ata o día 28. De luns a venres de 10 a 14,15 horas ata o 10 de setembro e, a partir de entón, de luns a venres de 10 a 13 e de 16 a 21 h e os sábados de 10 a 13 h. A entrada é de balde.
Pintor autodidacta, destacan na obra de Manuel Barro as paisaxes, os bodegóns ou os retratos. Membro fundador do Liceo Europeo de las Artes e da Asociación de Artistas de Narón, conta con innumerables exposicións (Ferrol, Narón, Neda, Ortigueira, Cospeito, Burela, Girona, El Vendrell ou San Joan les Fonts). Non é a primeira vez que expón en Fene, xa que en 2011 participou na mostra colectiva co Liceo Europeo de las Artes.
Pola súa banda, o escultor e pintor Rafael Nadales é fundador do Liceo Europeo de las Artes, fundador de Amigos de La Lírica, membro de Aires de Córdoba, Arga (Asociación Gallega de Artistas) e da Asociación Nacional de Pintores y Escultores. Ten participado en feiras de arte en Nova Iork, Shangai, Austria, Málaga, Madrid, Tetuán ou Vigo; conta con numerosas obras en museos e institucións como a Fundación Araguaney (Santiago), Casa Museo do Poeta Javier de la Rosa (Canarias) ou municipio de Strullendorf (Alemania), por citar só algúns, pero tamén en espazos públicos de cidades e vilas.