01-10-2018
O público tamén poderá visitar unha exposición virtual con todos os traballos presentados ó certame na web do Museo do Humor
O Concello de Fene, a través da Concellería de Cultura, inaugura este martes, 2 de outubro, nova exposición na Casa da Cultura. Nesta ocasión, a mostra dos Premios Curuxa 2018. Poderá visitarse ata o 2 de novembro de luns a venres de 10 a 13 horas e de 16 a 21 horas, e os sábados de 10 a 13 horas. Así mesmo, tamén a partir de mañá, o público poderá visitar unha exposición virtual con todos os traballos presentados ó certame na páxina web do museo
A exposición reúne unha selección dos traballos presentados ós Premios Curuxa, concurso de humor gráfico convocado polo Museo do Humor de Fene, na súa edición de 2018. Consta de 47 debuxos, entre os que salientan as obras dos artistas galardoados este ano: Fernando Iglesias Mouta, “Kohell” (1º premio na categoría Curuxa); Manuel Arriaga de León (2º premio na categoría Curuxa); Ana Martínez Fernández (1º premio na categoría Curuxa Nova) e Cristian Fojón Caruncho (2º premio na categoría Curuxa Nova). Tamén se amosan os debuxos finalistas do certame, asinados por: Beatriz Rodríguez, Helena Fernández, Antía González, Antón Agra, Miguel Bouzas, Alejandro Viñuela e Marta Picallo.
Completan a exposición obras de: Elga Fernández, Pedro Meca, Sabela Arias, María José González, José Luís López, Álvaro Peleteiro, Juli Sanchís, David García, David Vela, Íñigo Asier Sanz, Jorge Rodríguez, Xoan Carpente, Oswaldo Digón, Martín Romero, Coral Martínez, Juan José Barro, Laura da Silva, María Teresa Gómez, Isabel Núñez, Antón Lezcano, Bruno Rodríguez, Hugo Covelo, Xabi López, Weronika Hanczyc, Oscar Bruno Fernández, Marina Fernández, Beatriz Bendaña, Daniel Castelló, Alberto Cardona, Miguel Cuba, Ricardo Olivera, Mª Angélica Álvarez, César Ordóñez, Juan José Estrada e Patricia Gutiérrez.