As acuarelas de Antonio Rivas Pol amósanse en Fene neste mes de febreiro

Museo do Humor   Dixomedíxomes  

Este venres, 4 de febreiro, inaugúrase na Casa da Cultura unha exposición de acuarelas de Antonio Rivas Pol. O acto, previsto para as 19.30 horas contará coa presenza, amais do artista, do alcalde de Fene, Juventino Trigo, e do concelleiro de Cultura, Justo Ardá. Tamén intervirá, en calidade de presentador do evento, o licenciado en Historia da Arte e autor dos libros A paisaxe da nación e Castelao. Plástica e pensamento.1903-1916, Suso Piñeiro. A mostra de Antonio Rivas Pol poderá visitarse en Fene até o vindeiro 28 de febreiro, de luns a venres, de 10.00 a 13.00 horas e de 16.00 a 21.00 horas, e os sábados, de 10.00 a 13.00 horas. Os domingos e festivos a sala de exposicións permanecerá pechada.

Sobre o artista

Antonio Rivas Pol naceu en maio do 1948, en Xudán, A Pontenova (Lugo). Estuda a carreira de Maxisterio en Lugo, que exercerá ao longo da súa vida profesional en diversos lugares: Chantada (Lugo), Caborana (Asturias) e Ferrol. Na actualidade está xubilado. A nivel artístico, dende sempre sentíu a necesidade de expresarse por medio do debuxo e da pintura, área que impartía aos seus alumnos/as, e na que se especializou por mor dunha maior formación, con cursos oficiais ou con aportacións de expertos en temas que consideraba importantes. Foi así como coñeceu ao acuarelista asturiano, Sellaño; a quen invita ás súas clases de plástica coa finalidade de avezar ao alumnado nesta técnica tan esvaediza. Aínda que os seus comezos foron óleos, a partir da amizade con este acuarelista foise pasando gradualmente ao mundo da acuarela en exclusividade. Conversas, lecturas, visitas a exposicións e moito papel roto, son os métodos de traballo de Antonio Rivas. Pintor autodidacta sempre cre no camiño persoal de cada artista como seña de formación, atopando na paisaxe un mundo inesgotable de aprendizaxe e inspiración.

EXPOSICIÓNS INDIVIDUAIS
1990. Caixa de Aforros de Galicia, Ferrol (A Coruña).
1991. Banco Galego, Lugo.
1993. Casino Ferrolán, Ferrol.
1994. Banco Galego, Lugo.
1996. Casino Ferrolán, Ferrol.
1997. Concello de Pontedeume (A Coruña).
1999. Ateneo Ferrolán, Ferrol.
2002. Casino de Ares (A Coruña).
2003. Real Coro Toxos e Flores, Ferrol.
2003. Casino Aresán, Ares (A Coruña)
2006. Real Coro Toxos e Flores, Ferrol
2006. IES Marqués de Suances (Ferrol)
2010. Casino de Ares (A Coruña)
2012. Sala de Arte Paramés (Ferrol)
2014. Casa da Cultura de Porto do Son
2014. Casino Aresán, Ares, (A Coruña)
2014. Mercado Vello, As Pontes
2015. Casa da Cutura. Burela. (Lugo)
2017. Casa da Cultura de Pontedeume
2017. Deputación de Lugo

EXPOSICIÓNS COLECTIVAS
1991. Feitura 91. Ateneo Ferrolán, Ferrol (A Coruña).
1992. Feitura 92. Ateneo Ferrolán, Ferrol.
1993. Feitura 93. Ateneo Ferrolán, Ferrol. Arte para unha Navidade 93. Galería Arte Galicia, Ferrol.
1994. Ares 94. Casino de Ares (A Coruña).
1999. Acuarela 2000. Casino Ferrolán, Ferrol. Certame de Pintura “Premio Almirante 1999”. Centro Cultural da Armada
2005. “7 artistas Ferroláns” na Sala Áncora, Cedeira (A Coruña). Exposición de pintura-escultura “Artistas de Ferrol” Centro
Comarcal da Mariña Occidental, Viveiro (Lugo). II Exposición Pequeno Formato. Ateneo Ferrolán, Ferrol.
2011. Casa de Cultura “Las Palmeras” Neda. A Coruña
2011. Sala de Exposicións “Aula de Cultura de Ortigueira. A Coruña
2011. Centro Comarcal da Mariña Occidental Viveiro (Lugo)
2011. Sala de Exposicións “Obras do Porto (Ferrol)
2012. Sala de Exposicións “Asociación de Artistas” ( A Coruña) Grupo Liceo
2012. Sala de Exposicións “Asociación de Artistas” ( A Coruña ) Grupo 8B
2012. Sala de Exposicións “Centro Municipal de Usos Múltiples) A Coruña
2012. Museo Naval EXPONAV Ferrol.
2012. Sala de Exposicións “Obras do Porto” Ferrol.
2012. Sala de Exposicións “Sporting Club” da Coruña

PUBLICACIÓNS:
Separata Cultural “ Nordesía” Del Diario de Ferrol de Novembro de 2.004
Cuadernillo no 8 “Galería de pintores de la SAF 2.005
Reseña de Galicia Dixital na páxina “WWWcultturagalega.info/autor-pol-antonio”
Revista “GALART” de outubro, novembro de 2012