Cambio de horario na Casa da Cultura durante o Entroido

Museo do Humor   Dixomedíxomes  

A concellería de Cultura informa do cambio de horario da Casa da Cultura de Fene (Biblioteca Municipal, aula de estudo, Museo do Humor e sala de exposicións temporais) durante o Entroido.

Coincidindo coas vacacións escolares, o vindeiro luns 28 de febreiro e o martes 1 de marzo a Casa da Cultura abrirá unicamente en horario de mañá, de 10.00 a 14.15 horas. Ademais, o sábado 26 de febreiro e o mércores 2 de marzo -mercores de cinza e festivo local en Fene- as instalacións da Avda. de Conces, 20-22, permanecerán pechadas ao público.

O horario habitual da Casa da Cultura de Fene, de luns a venres, de 10.00 a 13.00 e de 16.00 a 21.00 horas, e os sábados, de 10.00 a 13.00 horas, retomarase o xoves 3 de marzo.