O Museo do Humor Xaquín Marín e o Laboratorio de Creación Artística Laudas Calamity organizan esta actividade para conmemorar as Letras Galegas e do Día dos Museos

Aberto o prazo de inscrición para o obradoiro “Un libro… unha viaxe. Creación de libro de artista”

Museo do Humor   Dixomedíxomes  

Libro de artista da exposición "Libros de Artista. Animalario" do Laboratorio de Creación Artística Laudas Calamity (2019)

No marco das actividades organizadas ao redor do Día das Letras Galegas e do Día dos Museos, a Concellería de Cultura de Fene anuncia un taller de creación de libro de artista, inspirado na figura de Francisco Fernández del Riego, autor homenaxeado este ano polo 17 de maio. A actividade, titulada “Un libro… unha viaxe. Creación de libro de artista”, terá lugar o sábado 27 de maio ás 11 horas nas instalacións do Museo do Humor Xaquín Marín e vai dirixida a persoas (nenos ou adultos) a partir dos oito anos. A participación no taller é gratuita pero cómpre apuntarse antes do venres 26 de maio ás 14.00 horas enviando un correo a cultura.deportes@fene.gal, indicando o nome completo da persoa e un teléfono de contacto. Prazas limitadas (10).

“Un libro… unha viaxe” está inspirado na figura de Francisco Fernández de Riego, creador/fundador da editorial Galaxia. No taller, dirixido por Laura Bouza, do Laboratorio de Creación Artística Laudas Calamity, “viaxaremos a través da guía Unha pegada, unha viaxe”, o que nos servirá como punto de partida para embarcármonos nesa aventura que é a creación dun Libro de Artista. Inspirarémonos nos seus textos e deixaremos voar a nosa imaxinación coa técnica do collage, debuxo, manchas, etc. Imaxen e palabra mesturaranse para dar como resultado uns libros únicos e orixinais, dignos da editorial Galaxia”.

Ademais, coa técnica do collage “profundizaremos na obra do artista francés Henry Matisse e a súa derradeira etapa artística. Coa súa enganosa simplicidade sentaremos os cimentos dos nosos libros en formato de acordeón para continuar engadindo textos, palabras (extraídas do mencionado libro) e imaxes evocadoras).