A pintora fenesa Ana Basoa Rioboo amosa na Casa da Cultura de Fene unha selección de retratos, bodegóns, flores e froitas, realizados en carboncillo. A mostra poderá visitarse até o 30 de xaneiro en horario de luns a venres, de 10 a 13 e de 16 a 21 horas, e os sábados de 10 a 13 h.