23-03-2021

Presentación de debuxos para o XXV Concurso de Humor Gráfico "Curuxa do Humor"

Os debuxantes interesados en presentarse a esta nova edición dos Curuxas, poderán enviar os seus debuxos até as 23.59 h. do vindeiro 31 de maio de 2021 ao Rexistro Xeral do Concello de Fene (Praza do alcalde Ramón José Souto González, s/n, 15500 Fene, A Coruña). As obras, de temática libre, deberán ser de creación propia e inéditas: humor gráfico nas súas modalidades de texto ilustrado, viñeta, cómic (máximo 1 páxina) e/ou caricatura.

01-04-2021

Recadación IVTM

Prazo de ingreso voluntario, do 1 de abril ao 15 de xullo, ambos inclusive. Normas cobranzas aquí

30-04-2021

Inscrición obradoiros alimentación saudable

Inscrición aberta até o 5 de maio