15-02-2022

Presentación de debuxos para o XXVI Concurso de Humor Gráfico "Curuxa do Humor"

Os debuxantes interesados en presentarse a esta nova edición dos Curuxas, poderán enviar os seus debuxos até as 23.59 h. do vindeiro 31 de maio de 2022 ao Rexistro Xeral do Concello de Fene (Praza do alcalde Ramón José Souto González, s/n, 15500 Fene, A Coruña). As obras, de temática libre, deberán ser de creación propia e inéditas: humor gráfico nas súas modalidades de texto ilustrado, viñeta, cómic (máximo 1 páxina) e/ou caricatura. Bases publicadas na web do Museo do Humor de Fene

01-04-2022

Doa sangue

1 de abril, de 15.30 h a 21.00 h diante da farmacia de San Valentín

01-04-2022

O Universo Feminino

A Casa da Cultura de Fene acolle a mostra de Carmen Prado nos horarios aquí indicados