Mércores día 5 de marzo concentración de comparsas ás 17.30 horas na rúa San Salvador (Pista Polideportiva do CCRD Perlío), para iniciar un percorrido polas rúas San Salvador, Marqués de Figueroa, Cruce de Fene, Avda. Naturais e rematar na Avda. do Concello. Ao chegar á Praza do alcalde Ramón José Souto González, terá lugar a actuación das comparsas, a lectura do Testamento (este ano realizado pola nosa veciña Paula Carballeira), a queima do Entroido e o espectáculo pirotécnico (desde o Parque Castelao).