12-01-2018

"Galicia-Cabo Verde: unha irmandade" estará en Fene outros 15 días máis

A mostra do fotógrafo ferrolán Rober Amado  reflicte varios proxectos desenvolvidos no arquipélago africano polo Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade
21-12-2017

Finalizan en Fene as Tardes Activas para persoas maiores

A Concellaría de Benestar social e Igualdade de Fene está clausurando ao longo desta semana a edición de 2017 das Tardes Activas para persoas maiores, encadradas dentro da programación desta área para promover un envellecemento activo.
18-12-2017

O Fondo Galego cofinancia tres proxectos de ONGD en Guinea-Bissau e Centroamérica

O Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade, no que está integrado o Concello de Fene, cofinanciará cun total de 136.603 euros tres proxectos de ONGD galegas en Guinea-Bissau, Guatemala e Honduras.
25-11-2017

Declaración institucional 25 de novembro

Declaración institucional 25 de novembro "Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra as Mulleres"
21-11-2017

"Nin unha menos!!" Fene contra a violencia machista

Fene volve a ser municipio anfitrión dos actos organizados pola MMM de Ferrolterra que este ano elixiu o lema "O machismo oprime e mata dende a infancia", co que se quere reflexionar sobre o aumento de casos de violencia contra menores, vítimas utilizadas e asasinadas "coa única finalidade de facerlle o máximo dano á muller, á nai".
 
 
 
 
13-11-2017

Representantes municipais celebran o vixésimo aniversario do Fondo Galego de Cooperación

Discursos e actuacións combináronse nun gran acto polos 20 anos da entidade, que desde o pasado 8 de novembro ocupa a Presidencia da Confederación de Fondos a nivel estatal
10-11-2017

O Concello de Fene busca implicar á hostalaría na prevención do abuso do alcol

Sesión dirixida a responsables de bares e restaurantes coorganizada pola área municipal de Benestar e a Fundación Alcohol y Sociedad, dentro da campaña "Ti serves, ti decides" coa que se pretende unha implicación activa da hostalaría na prevención do abuso de bebidas alcólicas e do alcolismo.
08-11-2017

A área de Benestar de Fene organiza unha xornada sobre a violencia de xénero no novo contexto dixital

A xornada desenvolverase este xoves baixo o epígrafe "Violencia de xénero dentro do novo contexto dixital", terá lugar nos centros de ensino durante a mañá e tamén cun encontro de tarde -18.30h.- aberto ás familias no Centro de Servizos sociais de San Valentín. Para asistir é necesario inscribirse antes chamando ao 981 342 697 ou ao 981 492 706.
07-11-2017

As persoas maiores póñense ao día coas novas tecnoloxías

Finaliza en Fene o curso de manexo de teléfonos móbiles intelixentes organizado pola área de Benestar e Servizos sociais
31-10-2017

Abre o prazo de solicitude do programa "Xuntos polo Nadal" dirixido a persoas maiores que vivan soas

Infórmate e presenta a túa solicitude ata o 17 de novembro, nos servizos sociaiscomunitarios dos concellos, nos servizos sociais de atención primaria de saúde, nos centros sociocomunitarios dependentes da Consellería de Política Social e nas xefaturas territoriais da Consellería de Política Social